Skip to Content

Probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras

   

     Resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/24

    A RESOLUCIÓN DO 29 DE SETEMBRO DE 2023 regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en institutos de educación secundaria.
    O obxectivo principal é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 ou C1 As probas están destinadas a alumnado de bacharelato e 4º de ESO. O alumnado candidato deberá presentar por escrito un compromiso individual de aceptación para presentarse ás probas, asinado polo alumno/a ou familia.
    O prazo para presentar o compromiso individual na administración do centro (non se admitirán compromisos por correo electrónico) remata o 3 de novembro.

Día non lectivo

      O vindeiro venres, 13 de outubro, non será lectivo no IES Sofía Casanova, polo que non haberá clase.

Participación no congreso internacional Observa_Acción

   

       O 4 de setembro tivo lugar na Cidade da Cultura o Congreso Internacional Observa _Acción, onde o noso centro foi escollido para contar a súa experiencia neste programa.
       Tivemos a oportunidade de expoñer aos asistentes como foi a nosa participación neste programa o curso pasado. O programa Observa _Acción ten como obxectivo mellorar ás competencias profesionais docentes a través da observación entre iguais. Durante o curso pasado, desenvolvemos duas fases do programa, a Fase I que consistiu en realizar a observación entre docentes do noso centro ( Fase intracentros). Unha vez superada, pasamos a Fase II (intercentros) nesta ocasión a observación realizouse no IES A Cachada de Boiro onde puidemos ver cómo traballan e traernos algunhas ideas para aplicar no noso centro. Aquí tes acceso á memoria que elaboramos ao finalizar esta fase

Reunións entre as familias e os titores. Curso 2023/24.

 

 

   Comunícase que o vindeiro luns, día 9 de outubro, terá lugar a reunión das familias co titor/a co seguinte horario: 

   Ás 16:30 h familias de alumnado de 1º e 2º de bacharelato

   Ás 17.00 h familias de alumnado da 3º e 4º da ESO

   Ás 17:30 h familias de alumnado da 1º e 2º da ESO

Erasmus BL4A!

   

     Profesorado do IES Sofia Casanova estivo a última semana de setembro en Budapest dentro do proxecto Erasmus+ KA2 Blended Learning for All! (BL4A!), proxecto liderado polo CFR de Ferrol con socios de Hungría, Portugal e Turquía.

     Nesta mobilidade houbo formación sobre o ensino mixto no Europa 2000 Gymnázium, observando clases de diversas materias nas que estaban perfectamente integrados novidosos recursos metodolóxicos.

Inicio do curso 2023-2024

  

     As clases comezarán luns día 11 co horario habitual (08:30 -14:10 h).

    Á chegada ao centro, o alumnado deberá dirixirse aos seguintes puntos, onde será recibido polo seu titor/a que o acompañará a súa aula:

      1º ESO e 1º Bacharelato - salón de actos

      2º ESO - patio da cafetería

      3º e 4º ESO – pista polideportiva

      2º Bacharelato – 2º andar

Calendario Escolar 2024-25

Resolución do I Concurso de Banda Deseñada IES Sofía Casanova

   

 A gañadora do I Concurso de Banda Deseñada IES Sofía Casanova é Lara Freire Escribano, que cursou no 2022/23 1º C ESO. Tedes aquí a súa obra.
Esperamos que o próximo curso aínda máis alumnado se anime a participar.
Desfrutade das vacacións!

Distribuir contido


by Dr. Radut