Skip to Content

Admisón de alumnado para o curso 2024-2025. Entrega de documentación.

       

    Rematado o prazo de entrega de solicitudes para a escolarización do ano académico 2024-25, informamos que aquelas persoas que solicitaron praza para o 2º,  e 4º cursos de ESO e 1º de Bacharelato deberán entregar na Secretaría,(se non o entregaron no prazo de admisión), a documentación dos criterios alegados na solicitude para proceder á baremación, xa que se presentaron máis solicitudes que prazas se ofertan.

    É preciso aportar un certificado do padrón municipal actual, con todos os membros da unidade familiar, e de ser o caso, outra documentación alegada (certificado traballo,etc).

    Prazo: desde o 21 de marzo ata o 8 de abril.

I Concurso de Poesía IES Sofía Casanova

   

    Desde a Biblioteca organizamos o I Concurso de Poesía IES Sofía Casanova.Tedes aquí as bases e o cartel. As bases tamén estarán dispoñibles na biblioteca.

    Coa esperanza de poder repetir o curso que vén, esperamos moita participación, así que, animádevos!

Erasmus+ Hellenic Civilization Greek Drama

 

    Profesores de diversos centros educativos, entre eles do Sofía Casanova, participaron no Erasmus+ Hellenic Civilization Greek Drama en Livadia, Grecia, proxecto organizado polo CFR de Ferrol. 

    Unha formación excelente, un grupo aberto, amistoso e colaborador.

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

 

 A Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, establece as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado de 4º ESO e 2º de Bacharelato.

     Os niveis de competencias dixitais que se acreditan son: iniciación e intermedio.

   Aquí poden consultarse os niveis de acreditación, requisitos para obter a acreditación, métodos de inscrición para as probas, calendario das probas e modelos das mesmas.

Admisión de alumnado para o curso 2024-25. Proceso ordinario de admisión

                O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.

    A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.     

   As persoas solicitantes poderán: 

                   

 - Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

  - Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia ou da páxina web da Consellería de Educación, para cubrilos manualmente e entregalos de forma presencial.

       Ver zona influencia do centro

Visita de ASPACE

   

      O 16 de febreiro tivo lugar a xornada de sensibilización do proxecto Talentos Inclusivos.

     Jorge, Marcos e Julio (veciño de Ferrol), usuarios de ASPACE Coruña, acompañados por Iria e Irene visitaron o noso centro. Faláronos da parálise cerebral, da súa estadía en ASPACE como centro de día, do seu ocio... Tamén conversaron co alumnado sobre os retos que vai facer o instituto este ano, un soporte para mòbil e unha "axuda para abrir portas", os rapaces preguntáronlle as dúbidas que tiñan.

     Noticia en redes: ASPACE, Talentos Inclusivos

Festival Entroido 2024

 

  

     No video tedes unha mostra das actuacións que fixemos o venres previo ás vacacións do entroido dentro do Festival de Entroido. Non se puideron poñer todolos grupos por problemas á hora de grabar. Pedimos desculpas aos que non poidemos incluír no video.

    A pesar do pouco tempo de práctica vimos a todolos participantes moi contentos e implicados, profesores incluidos.

 

Anuncio convocatoria AXUDASLE 2024

 

     O día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024 na que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
     PRAZO DE SOLICITUDES ABERTO DENDE O 13 DE FEBREIRO ATA O 12 DE MARZO (INCLUíDO)
     O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web , cubrindo o formulario electrónico que corresponda.

Distribuir contido


by Dr. Radut