"A Xunta de Galicia distribuíu no mes de decembro os primeiros kits de actividades pedagóxicas en Ferrol, destinados aos Polos Creativos dos colexios e institutos que imparten as etapas de Infantil, Primaria e ESO en toda Galicia.
IES Sofía Casanova e CEIP de Esteiro foron os primeiros en recibir este material didáctico o pasado mes de decembro, nun evento onde participaron Manuel Vila, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e Jesús Álvarez, director xeral de Centros e Recursos Humanos."
Marcos Vilela PIcos, que foi alumno deste centro, ven de publicar como primeiro firmante un artigo na revista Chem. Marcos está realizando a tese doutoral no laboratorio de Química Supramolecular e Nanotubos Peptídicos do CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela. O traballo realizado polo equipo de Marcos trata da Fotoensamblaxe de péptidos cíclicos para nanotubos peptídicos dinámicos impulsados por luz
Os fotoensambladores de péptidos cíclicos isomerízanse mediante luz de lonxitudes de onda adecuadas para permutar entre a conformación plegada ( isómero cis ), que permanece como unha especie monomérica, e unha estructuras planas en forma de anel ( isómero trans ) que, en condicións adecuadas, poden ser apilados para formar nanotubos.
O Diario de Ferrol faise eco do seu traballo e da súa publicación
O luns 18 de decembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e o alumnado de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato acudiu a dous obradoiros no CIS da Cabana. No primeiro: "En caída. Tecnolab" construiron un paracaidas para lanzar un ovo dende un 1º piso e cunha microbit mediron a aceleración no descenso No segundo: "Cosendo o futuro" confeccionaron e-textiles, cosendo con fio conductor e programando con distintas placas controladoras efectos nos tecidos.
Os dous obradoiros entán dentro do programa D'tec (DESEÑO, CIENCIA E TECNOLOXÍA PARA A XUVENTUDE) da Xunta de Galicia
Alumnado do IES Sofía Casanova participou na 9ª edición de Tecnólog@ por un día.
Nesta actividade, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o alumnado experimenta en primeira persoa unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia, co fin de impulsar as vocacións STEAM.
O conselleiro de educación, Román Rodríguez, anunciou este sábado, 8 de decembro, un investimento de 1,5 M € no IES Sofía Casanova para a integral do edificio.
O martes 19 de decembro de 2023 teremos unha Charla obradoiro para as familias no Sofía. A temática será "O papel das familias na xestión das condutas aditivas nos adolescentes".
Tera lugar na biblioteca do centro de 16:30 a 18:10.Imprescindible confirmar asistencia no correo da ANPA do Centro anpasofiacasanova@gmail.com
Profesorado do IES Sofia Casanova estivo en Mersin, Turquía, dentro do proxecto Erasmus+ KA2 Blended Learning for All! (BL4A!), proxecto liderado polo CFR de Ferrol con socios de Hungría, Portugal e Turquía.
Nesta mobilidade coñeceuse o sistema educativo turco, presentáronse diversos lesson plans con secuencias de aprendizaxe que integran o ensino mixto e visitáronse centros educativos.