Skip to Content

Alumnado de 4ºESO visita o Concello de Ferrol

ferrol concello

O alumnado de 4ºESO A e B foi recibido polo Alcalde de Ferrol e a Concelleira de Educación, acompañados polos seus profesores D. Guillermo Llorca Freire, Dª Teresa Leira Álvarez e o director do centro D. Juan Rodríguez Silvar.
D. Vicente Irisarri e Dª Mercedes Carbajales recibiron no Salón de Plenos do Concello de Ferrol ao alumnado que empregou unha novidosa ferramenta, a Web Quest "Barrio da Magdalena" promovido pola concellería para coñecer as orixes da cidade. Cada un deles recibíu un diploma co título de "Marqués da Magdalena", un guiño simbólico en recoñecemento ao seu labor.

A Web Quest é unha ferramenta educativa gratuita en liña que dende o seu portal web o Concello de Ferrol ofrece a todos os centros educativos. No enderezo http://www.ferrol.es/amadalena/WebDefault.aspx?MenuInd=0&MenuId=164&Lng=gl-ES&tl=0 o profesorado de 4ºESO, nivel para o que está deseñada a actividade, pode acceder á información necesaria para utilizar un xeito diferente para que o seu alumnando aprenda interactivamente acerca de cales foron as razóns da orixe urbá e industrial da cidade de Ferrol. Adoptando os roles dos protagonistas que no século XVIII cumpriron o encargo real de refacer a Armada española, o alumnado irá descubrindo as razóns técnicas e políticas que decidiron o emprazamento dos estaleiros militares nunha remota ría galega. A web quest foi deseñada por un grupo de traballo nun proxecto do Centro de Formación do Profesorado de Ferrol co patrocinio do concello. O colectivo do noso alumnado de ESO foi o primeiro en experimentar a nova ferramenta. A súa experiencia será recollida no próximo número da revista do centro Planeta Lingua. Agradecemos dende eiquí a deferencia dos edís e técnicos municipais, que felicitaron ao alumnado polo seu labor, explicandolles o uso do Salón de Plenos e resaltandolles a importancia da participación de todos na política para a saúde democrática da vida cidadá.

 

4ESO

 

Recepcion concello de Ferrol




page | by Dr. Radut