Skip to Content

Visita Forestal do Atlántico - 1º Bac

Os alumnos de 1º de Bacharelato, itinerario de Ciencias, do IES Sofía Casanova de Ferrol, visitan as empresas Forestal do Atlántico e Imegasa, situadas no concello de  Mugardos. A visita enmárcase dentro das actividades complementarias do Departamento de Física e Química para o curso 2009 - 2010.
Os propios alumnos que realizaron a visita nola nolo contan no seguinte artigo:

Alumnas e alumnos de 1ºA e 1ºB de Bacharelato. 

Comezamos a visita, realizada o 25 de Febreiro de 2010, asistindo a unha charla, na que a guía, Beatriz, informounos da historia desta particular empresa, que tivo orixe nos estaleiros Astano e Bazán, que fundaron DESSA en 1977 para limpar, deslastrar e desgasificar os buques que entraban na Ría para facer reparacións, pero é en 1989 cando nace Forestal do Atlántico S.A. coa actividade principal de fabricar colas e resinas con base de formol, que é elaborado na mesma planta. Outras actividades ás que se dedica son:
Almacenamento de ata 280 000 m3 de hidrocarburos (principalmente fuel) así como de produtos químicos.
Comercializa o fuel almacenado.
Posúe unha planta coxeneradora cunha capacidade de 25 MW movida a base de fuel coa finalidade de producir a súa propia electricidade así como o vapor necesario para manter hidrocarburos ou reaccións químicas á temperatura adecuada.
Xestiona residuos procedentes das sentinas das naves (Actividade MARPOL).
Posúe un xigantesco, e desaproveitado, porto de sólidos.
Parque de almacenamento e terminal marítima de graneis líquidos, preparada para a carga e descarga de buques-tanque.

Logo da presentación, puxémonos o casco e fomos a Imegasa, que se encontra nas mesmas instalacións de Forestal, nunha nave aparte. Nesta empresa puidemos ver ao detalle o proceso de impregnación do papel cunha serie de resinas e colas con base de formol. En primeiro lugar córtase a lámina de papel ao gusto do comprador. Despois, o papel vai recibindo sucesivas capas da resina elixida que lle vai proporcionando dureza e consistencia, ata convertelo, dun papel normal, nunha dura capa de diferentes cores e textura algo pegañenta. Este composto sitúase despois encima do taboleiro e prensase a altas temperaturas, logrando unha unión estable e duradeira entre os dous compoñentes, así coma un perfecto acabado. A continuación só é cuestión de engadir diferentes papeis, nas mesmas condicións,  para elixir ó acabado final, en mates, brillos, etc.

Xa que dispuñan dunha prensa de laboratorio ensináronnos cunha mostra de madeira e un anaco dese papel como se terminaba o proceso. O señor introduciunos durante 40 segundos a grandes temperaturas e ao sacalos estaban completamente un pegado ao outro.
O seguinte o lugar que visitamos foi o cargadoiro, que era o lugar de almacenamento de graneis líquidos (hidrocarburos e outros produtos químicos) e nos explicaron desde fora da planta química como se fabricaba o formol empregado para a fabricación de colas. O proceso é o seguinte:
Deshidroxenación catalítica (catalizador: Ag) de Metanol (CH3OH), que da lugar ao Formaldehido (HCHO - gas). Este disólvese na auga, dando lugar ao Formol, unha disolución acuosa ao 40%.
Ao final deste proceso obtense H2 como excedente que é usado como combustible.

Por último, vimos a planta de coxeneración que posúe a empresa, cunha potencia eléctrica instalada, como xa dixemos,  de 25 MW, para consumo eléctrico propio, exportación á rede e produción de vapor para a súa utilización na planta.

Fixemos a foto de “familia” e regresamos ao Instituto.

A este artigo contribuíron, en maior ou menor medida, todos os alumnos de 1º A e 1º B.

Todas as fotos podes velas na seguinte ligazón: Visita Forestal 2010



page | by Dr. Radut