Skip to Content

Bono-Bocata

bono bocataO BONO-BOCATA é un servizo da cafetería do centro que permite adquirir cinco medios bocadillos de 0,85€. Deste xeito as familias que o desexen poden organizar o 'bocata' de media mañán sen que os seus fillos  teñan que manexar cartos, asegurándose asi mesmo de que fan unha dieta equilibrada e saudable.

Comezo de curso 2009 -2010

O día 17 comezaron as actividades do curso 2009 - 2010. No acto de presentación do alumnado entregouse unha folla informativa para as familias cun resume das medidas dispostas por Educación. Para a consulta do protocolo completo pódese premer neste enlace.

Recibidas as obras do novo ximnasio

O pasado día 9 a Unidade Técnica da consellería recibíu as obras do novo ximnasio do centro. Os seus máis de 700 m cadrados aportan unha instalación longamente demandada, aumentando a superficie construída do centro ata 9.352 m2.

Convocatoria de probas libres 2009 - Ciclo Educación infantil (LOXSE)

Orde de 26 de xuño de 2009 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Para máis infomación visitar o enlace seguinte: Probas libres

Prácticas e Matrícula no Ciclo superior de Axencias de Viaxes

O vindeiro 7 de setembro comezará o período de prácticas dos alumnos e alumnas da promoción 2008-2009 do Ciclo Superior de Axencias de Viaxes que se imparte no IES Sofía Casanova. As prácticas realizaranse en distintas axencias de viaxe das comarcas de Ferrol e Santiago e rematarán no mes de Decembro.

Empresas como Viajes Iberia, Viajes Paco, Viajes El Corte Inglés, Ferrol Viajes, Viajes Halcón (Santiago), Barceló, Cumio e Viajes Vincit firmaron xa os convenios para que se poda realizar a formación deste alumnado nos seus postos de traballo.

Comunicamos, ademáis, que está aberto o período de matrícula para o próximo curso. Para máis información pódese consultar na web do centro ou no teléfono 981311500.

Matrícula de Setembro para E.S.O. e Bacharelato

Na seguinte ligazón encóntranse as datas e a documentación requerida para formalizar a matrícula para os distintos niveis da E.S.O. e do Bacharelato para o vindeiro curso 2009-2010: Matrícula Setembro 2009-2010

Programa de cesión de libros de texto para o curso 2009-2010

Segundo informa unha circular informativa de agosto, a consellería informa aos centros que o programa de gratuidade de libros mantense para a ESO neste curso 2009-2010. A primeiros de setembro o centro comunicará o procedemento para a tramitación da solicitude de libros.

Poden consultarse as convocatorias neste enlace e ler a circular na seguinte páxina.

INFORMACIÓN AOS CENTROS EDUCATIVOS A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar: A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos. A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo. Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares. A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles. Implantación progresiva O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro. Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos. Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009 O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS José Manuel Pinal Rodríguez

Bolsas para a realización de prácticas en oficinas de información turística durante o verán de 2009

De interese para alumnado que cursara o CS de Comercialización de Productos Turísticos ou o de Axencias de Viaxes. Información neste enlace http://culturaeturismo.xunta.es/oficina/procedemento.php?id=201&lg=gal

Distribuir contido


by Dr. Radut