Ante a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de Galicia durante a xornada lectiva do día luns 9 de febreiro, amplíase o prazo de presentación de solicitudes de axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009 ata as 24:00 horas do día 10 de febreiro de 2009.
Prégase dea publicidade desta comunicación ante comunidade educativa do seu centro.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2009.
A Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María José Pérez Mariño