Skip to Content

Criterios específicos de avaliación das Probas de Acceso á Universidade

Pódense consultar na páxina da CIUG na seguinte ligazón

Matrícula de Xullo para ESO e Bacharelato

Na seguinte ligazón encóntranse as datas e a documentación requerida para formalizar a matrícula para os distintos niveis da E.S.O. e do Bacharelato para o vindeiro curso 2009-2010: Matrícula Xullo 2009-2010

Admisión Ciclos formativos 2009-2010

Na ligazón seguinte, Admisión Ciclos Formativos, publícanse os prazos de presentación de solicitudes, adxudicación de prazas e matrícula para o vindeiro curso 2009-2010 nos Ciclos formativos.

Para documentación cando se formalice a matrícula no período ordinario, ver información na seguinte ligazón: Documentación matrícula

Petición para o alumnado de anteriores promocións de Ciclos Formativos do IES Sofía Casanova

axencias de viaxesRógase ao alumnado de promocións anteriores dos Ciclos Formativos Superiores de Educación Infantil, Axencias de Viaxes e de Información e Comercialización Turística que o desexen, fagan chegar ao centro o seu curriculo actual para poderllo ofertar ás empresas que se poñen en contacto co centro.

O centro recibe peticións de curriculos por parte de empresas interesadas nestas especialidades, o que vai permitindo atopar emprego ao alumnado que remata os ciclos.
Os datos poden dirixirse ao correo electrónico do centro ies.sofia.casanova@edu.xunta.es á atención dos Departamentos de Infantil ou Turismo. Esperamos que esta iniciativa permita conectar áxilmente as empresas con titulados cualificados.

Fín de curso 2008-09

Festival de fin de curso

Para despedir estes meses de traballo conxunto, o martes 23 teremos o festival de fin de curso.

A partir das 10:30 unha obra de teatro reunirá a 3º, 4º de ESO e 1º Bacharelato. Mentras 1º e 2ºESO manterán un campionato de tenis de mesa.
Ás 12:30 chega a música, cunha actuación do coro do instituto que estivo preparándose con Juan Brage durante o curso. Seguirá logo unha versión do tema "O bo, o feo e o malo" a cargo de instrumentistas de 2º ESO, unha exhibición de sete danzas do mundo polos grupos de 4ºESO e 1ºBac e e remataremos cunha sesión de heavy metal servida por alumnado do centro.

Alerta Meteorolóxica para o lúns 8

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da Delegación Territorial en Galicia, informa no parte emitido o día 07/06/09, que a partir da mañá do luns, día 08/06/09 se prevé que o vento do suroeste chegue a acadar na nosa Comunidade os 100 Km/h, con diferente incidencia segundo se detalla seguidamente:

Provincias de A Coruña, Pontevedra e Lugo (A Mariña, Centro e Montaña):
Entre as 10:00 h. e as 18:00 h. o vento do suroeste poderá acadar os 100 km/h (nivel laranxa), diminuíndo ao longo da tarde. O resto do día as rachas máximas poderán chegar aos 80 km/h (nivel amarelo).

Provincias de Ourense e Lugo (Sur):
Espérase rachas máximas en torno aos 80 km/h entre ás 06:00 h. e as 20:00 h. (nivel amarelo).

Ademais durante todo o día nas provincias de A Coruña e Pontevedra se prevé unha precipitación acumulada en 12 horas de 40 mm (nivel amarelo).

Diante destas previsións meteorolóxicas, rógolle extreme as precaucións no desenvolvemento das actividades programas no centro e en particular, imparta as instrucións pertinentes en relación con aqueles obxectos que por acción do vento se poidan desprender ou caer á vía pública ou nas instalacións propias.

Presentación da exposición sobre Víctor López Seoane

lópez seoane exposiciónMañá Xoves ás 19:30 preséntase pola Asociaciónde Veciños Fontelonga e o Concello de Ferrol a exposición sobre o naturalista D. Víctor López Seoane na Aula Magna da Facultade de Humanidades do Vicerrectorado en Esteiro, cunha conferencia de D.Xosé Antonio Fraga, Director dos Museos Científicos Coruñeses.

O alumnado de Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO do Sofía levaron á práctica o proxecto desenvolto no Grupo de Traballo integrado por tres profesoras do centro e dous do Ciclo Medio de Fotografía do Saturnino Montojo.

O Proxecto Víctor López Seoane foi unha interesante experiencia para aproximar ao alumnado ao labor dos naturalistas do s.XIX e á figura do ferrolán López Seoane. A experiencia didáctica, coordinada con Centro de Formación do Profesorado de Ferrol, estará ademais a disposición dos centros educativos que se interesen polo tema.

Convocados os Premios Extraordinarios de Bacharelato

 Poden consultarse as bases neste enlace

Distribuir contido


by Dr. Radut