A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do programa de dinamización lingüística Bocaberta subvencionou a edición de vinte números a revista de cómic galego Galimatías, que repartiu gratuitamente co xornal El Correo Gallego, agora dispoñible en liña para os lectores.
Esta revista naceu en abril de 2009 co obxectivo de achegar historietas en lingua galega a todos os rapaces e rapazas, e conta coa colaboración dalgúns dos mellores debuxantes de Galicia, como Fran Bueno, Enma Ríos, Ramón Marcos, Álex Cal ou Macaco. Galimatías confórmano series como “Amor inmortal”, que se ofreceu en primicia na revista; “Hexed. A marca de Lucifer” e bru mais “Vento do norte”, que chegaron directamente de Estados Unidos; e outras que se crearon en exclusiva para a publicación.
A revista tamén conta cun espazo virtual (www.ouniversodegalimatias.com) que vén de recibir o premio Eganet á mellor web de comunicación 2009. Trátase dun espazo complementario no que as series e todo o universo Galimatías están reflectidos e ampliados. Nela, os rapaces e rapazas poden atopar distintos contidos relacionados co mundo da banda deseñada, coa animación ou coa música en lingua galega.