Skip to Content

Nova Competencia na Avaliación de diagnóstico

A avaliación de diagnóstico de Galicia para o curso 2010/2011 incluirá probas sobre o coñecemento e a interacción do alumnado co mundo físico.

Inclúese así unha nova competencia, nunhas probas que avaliarán ademais as competencias en comunicación lingüística e matemática.

A proba de avaliación de diagnóstico da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2010/2011, que se realizará o vindeiro mes de maio, avaliará unha nova competencia, a de coñecemento e interacción do alumnado co mundo físico, que se unirá ás outras probas, que xirarán arredor das competencias lingüística e matemática.

Ver a información completa na ligazón seguinte: Avaliación de diagnóstico

Felices Festas!

Federico Pedreira Nores acada o Premio extraordinario de bacharelato

 Nas recentes probas dos premios extraordinarios de Bacharelato 2009/10 o ex alumno deste centro Federico Pedreira Nores acadou o séptimo posto, o que lle asegura un dos dezanove premios concedidos.

A comunidade educativa do Sofía Casanova quere darlle os mellores parabéns por esta merecida e traballada distinción. Noraboa Federico! 

Alumnos consiguen o 2ºPremio na Semana da Ciencia 2010

Tras do accésit recollido o ano pasado, na segunda ocasión no que alumnado do Sofía participa no concurso Ciencia e Cinema, dentro da Semana da Ciencia, un equipo acada o 2º premio.

 

Fernando José Rodríguez Piñón e Alfonso Leirachá Franco, de 2º de Bacharelato, co seu traballo OS NA'VI, coordinado pola profesora María Isabel Díaz Soto, foron galardonados co 2º premio do concurso enmarcado no proxecto BIODIVERSIDADE E CINEMA.

O traballo, elaborado en tempo récord, pódese enlazar aquí

Sinceiros parabéns ao equipo e á súa coodinadora! E un estímulo a todos nós para seguir a facer un bo traballo.

 

premio

 

Exposición micolóxica

O centro organizou co gallo do DÍA DA CIENCIA EN GALEGO unha exposición micolóxica con exemplares de setas da comarca aportadas por alumnado e profesorado.

O mundo dos fungos é un bo exemplo do emprego de técnicas de observación e estudio científico.

Consello Escolar, eleccións de renovación

 

Foron convocadas as eleccións que cada dous anos renovan o Consello Escolar, máximo órgano de goberno dos centros educativos por Resolución de 6 de Setembro (consultar aquí).

A participación dos membros da comunidade escolar é esencial para que alumnado, familias e persoal do centro teñan a súa representación.

Máis información sobre o consello escolar do centro neste enlace da nosa web .

CENTENARIO DE MIGUEL HERNÁNDEZ

El día 30 de octubre pasado se cumplieron cien años del nacimiento de un poeta, de aspecto menudo, pero de alma grande: Miguel Hernández. En todas partes se ha estado celebrando como se merece el año del centenario. En Madrid, el Instituto Cervantes le dedica, en este momento, una interesante exposición. En nuestro centro, modestamente, queremos también dedicar un recuerdo al gran poeta de Orihuela.

CENTENARIO DE CARVALHO CALERO

  O alumnado do centro participou na actividade de recitado de poesías de Ricardo Carvalho Calero organizado pola Coordinadora de equipas de normalización lingüística en colaboración co Concello de Ferrol e o IES Leixa

Distribuir contido


by Dr. Radut