Skip to Content

MODIFICACIÓN DOS PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DOS TÍTULOS OFICIAIS DE GRAO AFECTADOS POLA EDU/1247/2011

De próxima publicación no Diario Oficial de Galicia: borrador no arquivo adxunto.

Modificaronse ademáis os parámetros de ponderación para os graos seguintes: Logopedia, Óptica e Optometría, Psicoloxía e Terapia Ocupacional. Pódese consultar na páxina principal da CIUG as novas  ponderacións http://ciug.cesga.es/

Música maestra

Música maestros! A prensa recoñece a actividade artística dunha das nosas alumnas. Noraboa! Ler máis

Avaliación de Diagnóstico 2010-2011

O mércores 11 e o xoves 12 realizaranse as probas de diagnóstico no nivel de 2ºESO. Entregouse unha folla informativa ás familias que, xunto con outra información xeral pode atoparse na páxina seguinte.

Orde enlace

Resolución enlace

Carta ás familias enlace

Instruccións 1 enlace

Instruccións 2 enlace

Normas de uso dos ordenadores de Abalar

Consulta das normas de uso dos ordenadores e outros equipos do programa Abalar aprobadas polo consello escolar do centro. Consulta na páxina seguinte

 

Guía para as familias enlace

Guía para o profesorado enlace

Informe ás familias enlace

Normas RRI (Regulamento Réxime Interno ) enlace

Proba de acceso á universidade: Xuño 2011

Na páxina da CIUG (http://ciug.cesga.es/) e no panel informativo do centro encóntranse as instruccións para formalizar a Matrícula tanto Anticipada como Ordinaria para a Proba de Acceso á universidade na Convocatoria de Xuño 2011.

Pódese ver e descargar o arquivo nesta dirección na páxina da CIUG: proba de acceso: xuño 2011.

A Matrícula Ordinaria para a proba de acceso realizarase nas oficinas do Instituto no 25 de Maio en horario normal de oficina.

Celebrando o "Día do Libro"

Con motivo da celebración do "Día do Libro", alumnado do 1º curso da ESO e alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil, realizaron unha actividade conxunta na que se utilizaron os "CONTOS POPULARES" como materia prima para a "TRANSFORMACIÓN DE HISTORIAS" (baseándonos na aplicación práctica das "TÉCNICAS DE GIANNI RODARI").

A actividade foi dirixida por Fernando Sevilla, licenciado en Arte Dramático, que ven colaborando co Ciclo Superior de Educación Infantil en diversos obradoiros relacionados coa aplicación práctica de diferentes técnicas de drámatización.

Ver fotos da actividade nesta ligazón: Día do Libro

Charla divulgativa da FAXPG

Especialistas da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia impartiron o pasado martes 3 de maio unha charla divulgativa para o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do noso centro. Os contidos aos que fixeron especial referencia foron, entre outros os seguintes:

  • Lingua de signos española (LSE).
  • Barreiras de comunicación coas que se encontran diariamente as persoas xordas.
  • Axudas técnicas para superar as barreiras de comunicación.
  • Mitos sobre as persoas xordas.

Agradecemos especialmente a información recibida que resultou moi interesante para os contidos curriculares do noso alumnado.

Podes ver as fotos da charla na seguinte ligazón: Fotos da Charla

Campus Científicos 2011

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, co apoio da Obra Social "la Caixa" pon en marcha a 2ª edición do programa Campus Científicos de Verán, co fin de potenciar o interese de 1200 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato pola Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.

Para máis información visita a páxina web: Campus Científicos 2011

Distribuir contido


by Dr. Radut