Skip to Content

Celebrando o "Día do Libro"

Con motivo da celebración do "Día do Libro", alumnado do 1º curso da ESO e alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil, realizaron unha actividade conxunta na que se utilizaron os "CONTOS POPULARES" como materia prima para a "TRANSFORMACIÓN DE HISTORIAS" (baseándonos na aplicación práctica das "TÉCNICAS DE GIANNI RODARI").

A actividade foi dirixida por Fernando Sevilla, licenciado en Arte Dramático, que ven colaborando co Ciclo Superior de Educación Infantil en diversos obradoiros relacionados coa aplicación práctica de diferentes técnicas de drámatización.

Ver fotos da actividade nesta ligazón: Día do Libro



page | by Dr. Radut