Skip to Content

Benvida ás vacacións co concurso de xogos populares

sacosA celebración do concurso de xogos populares, organizado coa activa colaboración da ANPA, marcou a actividade da mañá de hoxe, coa que recibemos as vacacións invernais.

Felices festas!

 

CONCURSO DE XOGOS POPULARES

 

O día 21 de decembro de 2011, na pista polideportiva ou, se chove, no ximnasio ( para o que será imprescindible que tanto concursantes como espectadores entren con tenis) terá lugar

un concurso de xogos populares, que se rexerá polas seguintes BASES:

 

1ª) Participará o alumnado que, dentro do seu grupo, constitúa un equipo.

2ª) Os equipos participarán nos seguintes xogos:

 

  1. CARREIRAS DE SACOS (individual)

  2. CARREIRAS DE PÉS SOLTADOS (individual)

  3. CARREIRAS DE PARELLAS (por parellas)

  4. CARREIRA DE PLORO (individual)

  5. CARREIRA ÁS CEGAS (por parellas)

  6. CARREIRA DAS CULLERES (equipos de catro corredores)

  7. CARREIRA DE GATOS (equipos, mínimo, de catro participantes)

  8. CARREIRA A CACHAPERNA (por parellas)

  9. CARREIRA DO PÉ MANQUIÑO (individual)

10.CARREIRA DE COSTAS EN PARELLAS

 

3ª) Os equipos deberán entregar por escrito a Vicedirección, en Xefatura de Estudos, antes do segundo recreo do xoves 15, os seguintes datos:

 

  • grupo ao que pertencen
  • nome do alumnado participante en cada un dos xogos (xúntase descrición de cada carreira).

 

4ª) Gañará o equipo que consiga superar un maior número de probas.

 

5ª) En caso de empate entre dous ou máis equipos, realizarase o desempate cos xogos do PANO/BRILÉ ou BOCHAS (PETANCA), respectivamente.

 

6ª) Cada membro do equipo gañador recibirá un premio que dará a ANPA e VICEDIRECCIÓN.

Felices festas e un ventureiro aninovo 2012!

Postais gañadoras do concurso de Nadal 2011

postal1

postal2

Postal gañadora do 2º ciclo da ESO, Aida Vázquez Pardo (3ºA)

ciclo1

Postal gañadora 1º Ciclo da ESO, María Fernández Arias (1ºC)

postal3

 

 

textPostal

Postal gañadora do nivel de bacharelato: Adrián Rodríguez Nicolás (1ºB)

A postal de Adrián Díaz Nicolás, co lema "Aínda que diferentes... todos xuntos", foi a seleccionada para felicitar o nadal a todos os membros da comunidade escolar do instituto. Os premios, de 40€ para cada categoría, foron decididos polo xurado formado polos profesores María Ajuria Peón, Juan Amado Castro e Iñaki Tomás Val.

Horario de vacacións de Nadal

A oficina do centro permanecerá aberta os días 22, 23, 27, 28 e 29 de decembro e 3 de xaneiro de 10 a 13 horas.

CONCURSO DE XOGOS POPULARES

sacosO día 21 de decembro de 2011, na pista polideportiva ou, se chove, no ximnasio ( para o que será imprescindible que tanto concursantes como espectadores entren con tenis) terá lugar un concurso de xogos populares, que se rexerá polas seguintes BASES:

1ª) Participará o alumnado que, dentro do seu grupo, constitúa un equipo.

2ª) Os equipos participarán nos seguintes xogos:

 

  1. CARREIRAS DE SACOS (individual)

  2. CARREIRAS DE PÉS SOLTADOS (individual)

  3. CARREIRAS DE PARELLAS (por parellas)

  4. CARREIRA DE PLORO (individual)

  5. CARREIRA ÁS CEGAS (por parellas)

  6. CARREIRA DAS CULLERES (equipos de catro corredores)

  7. CARREIRA DE GATOS (equipos, mínimo, de catro participantes)

  8. CARREIRA A CACHAPERNA (por parellas)

  9. CARREIRA DO PÉ MANQUIÑO (individual)

  10. 10.CARREIRA DE COSTAS EN PARELLAS

3ª) Os equipos deberán entregar por escrito a Vicedirección, en Xefatura de Estudos, antes do segundo recreo do xoves 15, os seguintes datos:

  • grupo ao que pertencen
  • nome do alumnado participante en cada un dos xogos (xúntase descrición de cada carreira).

4ª) Gañará o equipo que consiga superar un maior número de probas.

5ª) En caso de empate entre dous ou máis equipos, realizarase o desempate cos xogos do PANO/BRILÉ ou BOCHAS (PETANCA), respectivamente.

6ª) Cada membro do equipo gañador recibirá un premio que dará a ANPA e VICEDIRECCIÓN.

Exposición de cogumelos 2011

cogumelosA sequedade do outono non impedíu organizar a mostra de fungos deste ano. A colaboración de alumnado e profesorado permitiron (xunto cunhas oportunas chuvias) manter durante máis dunha semana a exposición, amosando a diversidade de cogumelos da comarca

Primeira xuntanza do clube de lectura e escritura do Sofía

clubeLecturaComezou a andadura do Clube de Lectura do Sofía cunha reunión na biblioteca de alumnado e profesorado interesado.
Ademáis ponse a andar unha nova iniciativa complementaria, o Clube de Escritura. Ambas coordinaranse mediante notas internas e o Blogue da Biblioteca. Aínda hai tempo para incorporarse! Pódese contactar na biblioteca ou mediante o blogue.
Animádevos

Plan de consumo de froita nas escolas

planconsumofroitaO centro participa durante esta semana e a vindeira no "Plan de consumo de froit nas escolas", levado adiante co axuda financieira da Comunidade Europea. Grazas ao plan o alumnado dispón en ambos recreos de froita gratuita para fomentar os bos hábitos de alimentación.

Ademáis trátase de froita certificada de cultivo ecolóxico e é subministrada por unha cooperativa local de consumo solidario, co que se cumpre un dobre papel: comer san e fomentar o consumo de productos de calidade ambiental garantida. A distribución de froita é xestionada polo propio alumnado coordinado por un equipo de profesorado voluntario.

Constituida a xunta directiva da ANPA

anpaA ANPA do IES Sofia Casanova xa ten nova directiva.

Pódese contactar no correo anpa.sofia.casanova@gmail.com ou no buzón do vestíbulo do centro. Nos próximos días distribuirá unha circular cun impreso para que o máximo número de familias apoien as súas actividades.

Boa andanza!

Distribuir contido


by Dr. Radut