Skip to Content

Dedicado o Laboratorio de Física a Chiqui

fisicaChiquiNun emotivo acto académico, contando coa presenza da súa viúva e os seus dous fillos, acompañados de numerosos claustrais e alumnos, descibriuse a placa que dedica o Laboratorio de Física do centro á memoria de Chiqui, Jose Mª del Solar Baqueiro.
Ramón Rico leeu un texto en nome dos seus compañeiros de Departamento. Sonou a continuación o tema Danny Boy, interpretado por Johnny Cash.

 


 

Palabras do director, Juan Rodríguez Silvar

Os humanos formamos a paisaxe da memoria colectiva.
Os fogares, os centros de traballo, as cidades e as aldeas son os escenario da nosa vida, pero nós formamos parte do decorado, da parte visible, cultural e emocional da nosa época.
E formamos parte involuntaria dese paisaxe mentres camiñamos por el, somos referente involuntario do colectivo ao que pertencemos, contribuímos á memoria dos demais, coma os demais modelan a nosa. Por iso é vontade deste centro promover a memoria de Chiqui dedicándolle este laboratorio de Física.
Teño para min que probablemente a el lle parecera excesivo, innecesario. Probablemente tería razón, pois vivimos na memoria dos que conviviron connosco, pervivimos o que dure a lembranza, e para iso Chiqui non precisa unha marca material.
Pero cando pasen os anos, e por este corredor pase alumnado e profesorado que non o coñeceu persoalmente, quizá alguén lles fale da persoa que era ou, mellor, do espírito co que viviu.

Palabras de Ramón Rico

Bos días. Ante todo quixera darvos a benvida en nome do Departamento de
Física e Química e agradecer a vosa presencia neste laboratorio, laboratorio
que dende hoxe quedará especialmente unido á memoria do noso
compañeiro Chiqui.
Recordaba un destes días o difícil que resulta para filósofos, científicos e
calquera outro definir con precisión que é iso ó que todos chamamos vida.
Téñense escrito libros dedicados exclusivamente a atopar esa definición.
Agora ben, aínda que non sexamos capaces de atopar unha definición
precisa, calquera de nos pode observar as súas manifestacións e ver como
transcorren distintas vidas. Dunhas case non nos enteramos. Outras
manifestan con máis intensidade a súa presenza.
Tódolos que estamos aquí tivemos o privilexio de compartir espazos e
tempos das nosas vidas con Chiqui e sabemos que a súa non foi unha vida
que resultase indiferente. Non pasou xunto a nos desapercibido.
En cada momento vimos nel unha persoa amable, xenerosa, entregada ós
seus compañeiros e alumnos.
A nosa profesión hónrase de telo entre os seus.
Por iso nos reunimos aquí, para renderlle unha homenaxe coa nosa
presenza e o noso recordo.
Del non teremos un último recordo. Os que convivimos con el
recordarémolo sempre, e recordarémolo co seu sorriso.
Algúns pensamos que estar no ceo é permanecer no recordo dos demais
como unha persoa de bondade e xenerosidade. Así, ahí, está Chiqui.
Esta ausencia, presencia das persoas queridas, foi expresada polos poetas
de moitas maneiras, e como colofón ás miñas palabras quero poñervos a
interpretación que Johnny Cash fai duns versos de Edward Weatherly.

 


 

Descarga da versión de Danny boy aquí. Para reproducir os dous ficheiros deben estar no mesmo cartafol.

Concerto de Jazz

jazzJazz no Sofía.

Os alumnos de ESO e 1º de Bacharelato, tiveron a sorte de ver e escoitar en directo o concerto dun trío de jazz, formado por David Regueiro (guitarra, integrante de Jazzeros inoxidables), Salas (clarinete) e Castillo (contrabaixo).

Grazas a súa música profundizaron no coñecemento dos instrumentos e na linguaxe jazzística, sendo partícipes das súas características específicas: a improvisación e o swing.

Día do Libro

dialibroO Día do Libro foi celebrado no Sofía cunha ampla participación do alumnado. O Departamento de Lingua Española organizou un fermoso acto no que se combinou o recordo dos autores recoñecidos e a lectura de textos na voz dos alumnos participantes.

Longa vida ao libro e á lectura!

Alumnos de tecnoloxía de 4ºESO asistiron ó 4º Concurso Galego de Robótica

roboticaO venres, 20 de abril de 2012, os alumnos de tecnoloxía de 4ºESO
asistiron ó 4º Concurso Galego de Robótica.Estaba organizado por la Institución Galega de Ciencia e educa Barrié no CEI Nodus de Lugo.
Os alumnos aprenderon a montar e programar un robot Lego móbil.
Despois superaron moi satisfactoriamente unha serie de desafíos.
Resultou unha experiencia moi didáctica e interesante.

Torneo Fútbol sala

futbolsalaPor iniciativa do alumnado de 1º e 2º de ESO tivo lugar o primeiro torneo de fútbol sala masculino e feminino no pavillón do Centro, entre o día previo ás vacacións de Semana Santa e o lúns 16, día da final.
Un comité de alumnas e alumnos coordinados pola Vicedirectora encargouse da organización, contando coa colaboración das profesoras de Educación Física. Noraboa pola participación deportiva e a animación demostradas!

Ver os equipos gañadores e máis fotos na seguinte páxina.

Equipo campión feminino PUNK-Z

Belén Sañudo, Raquel Ardao, Sara Aguado, Nevia Lamas, Alma Abad e Cristina Fernández.

Equipo Subcampión feminino Footbolladies

Elena García, Lucía Pérez, Carlota García, Marta Fernández, Laura Díaz, Carla Castro, e Silvia Landeira.

Equipo Campión Masculino: Salami King and Company

Brais Barros, Daniel Fernández, Adán Castro, Diego López, Diego Maceira e Nacho Calvo.

Equipo Subampión Masculino: Capitanes Salami

Mann Martínez, Alex Iglesias, Miguel Soto, David Casal, Diego Rodrígueze José María Fernández.

Visita a Mabegondo

mabegondo

O día 28 de marzo os alumnos de 1º de Bacharelato visitaron en Mabegondo as instalacións de LIGAL e CIAM.
LIGAL é un laboratorio no que se analizan mostras de leite procedentes de toda Galicia.
CIAM é un centro de investigacións agrarias, onde coñeceron os estudos que se fan con plantas e animais de interese agropecuario.

Ver máis fotos

Viaxe ao Courel

fontecervocourelAlumnado de primeiro de bacharelato, acompañado de profesorado do departamento de Ciencias, pasou a fin de semana percorrendo algúns dos lugares máis fermosos do Courel (Lugo).
A ruta de Vilamor a Froxán, pasando polo Castro de Vilar (con baño no río Lor) ocupou o sábado, mentres que o domingo levounos aos dominios espirituais de Uxío Novo Neira, paseando unha Devesa da Rogueira. Na foto, o grupo na Fonte do Cervo probando as augas do cano ferruxinoso e do cano calcario. 

Día Mundial da Auga

diamundialauga Hoxe conmemoran as Nacións Unidas o Día Mundial da Auga, probablemente o principal problema presente e futuro para unha humanidade que sobrepasou os 7.000 millóns de persoas.

Pode lerse unha interesante reflexión sobre o tema neste enlace:Pedro Arrojo, presidente da Fundación Nova Cultura da auga e Premio Goldman de Medio Ambiente

Distribuir contido


by Dr. Radut