Skip to Content

Eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar

xuntanza

Novembro 12

Cada dous anos débese facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar dos centros educativos. O CE é o órgano máximo de decisión e nel están representados todos os estamentos da comunidade educativo, alumnado e familias, persoal non docente e profesorado.

calendario

definic

Xornada de recepción de familias e titores

O mércores 10 terá lugar a xornada de encontro na que a directiva do centro e as titoras e titores recibirán aos responsables do alumnado para informar sobre aspectos importantes do funcionamento do centro, particularmente no relativo ás titorías. 

O horario será:

17:00 h, Bacharelato

17:30 h, ESO

Entrega a Andrea Mosquera do Premio Extraordinario de Bacharelato 2012

PremioAndrea

O nome de Andrea Mosquera Alonso encetou a relación dos vinte alumnas e alumnos distinguidos co Premio Extraordinario de Bacharelato de Galicia 2011-2012. O acto tivo lugar en Santiago, no auditorio do Monte Gaiás e os seus pais recolleron por ela a distinción que satisface a toda a comunidade do IES Sofía Casanova. Noraboa a Andrea e á súa familia.

Comeza o Club de Lectura

clubLectura

Xa estamos aquí! Despois das vacacións de verán, máis libros por favor...
Comezamos o vindeiro martes 9, podedes seguir as novedades no noso blogue http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/

ARJE Teatro, de novo no Sofía

teatrobreamo2012Comezo de curso: Teatro con IES BREAMO.

Seguindo a tradición dos últimos cursos, ARJE TEATRO, do IES BREAMO fainos a deferencia de traer a súa montaxe anual, este ano O misterio das amendoeiras, unha adaptación da coñecida obra de Jardiel Poncela "Eloísa está debajo de un almendro.

O pasado martes 25 de setembro o alumnado de 4ºESO e 1ºBacharelato do Sofía asistíu a representación da obra. Foi, de novo un pracer ver en escea aos actores e actrices do Breamo que manteñen con pulo o facho do teatro. Noraboa e os esperamos para o ano!

Comezo de curso 2012-13

salon

O lúns 17 terá lugar o comezo de curso académico 2012-13 co seguinte programa:
09:00 h: Claustro
10:00 h: Presentación de alumnado de 1º de ESO
10:30 h: Presentación de alumnado de 2º de ESO
11:00 h: Presentación de alumnado de 3º de ESO
11:30: Presentación de alumnado de 4º de ESO
12:00: Presentación de alumnado de 1º de Bacharelato
12:30: Presentación de alumnado de 2º de Bacharelato

Martes 18, comezo das clases ás 08:30 h.

DATAS DE MATRÍCULA DE SETEMBRO

IMPORTANTE: Datas de matrícula de setembro neste enlace

Convocados os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2011/2012

galiciaA consellería ven de convocar estes premios para o alumnado que cursou 4º da E.S.O. e acadara unha media de 9 ou máis. Hai prazo para inscribirse ata o 20 de setembro.
Pódese consultar a Orde de convocatoria neste enlace
http://www.edu.xunta.es/web/node/5652

Distribuir contido


by Dr. Radut