Skip to Content

Expostos os traballos de Tecnoloxía de 2º de ESO

2013teconoxiaO alumnado de 2º de ESO expón estes días os seus traballos de Tecnoloxía no vestíbulo do centro.

A mostra inclúe reproduccións dende guindastres,  unhas famosas torres inclinadas a un invernadeiro con leitugas. A tecnoloxía aliouse coa imaxinación!

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013

liguasextranxeiras2013

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, para o alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 23 de marzo e remata o día 22 de abril
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

AVISO DE ALERTA POR FENÓMENO METEOROLÓXICO ADVERSO

Acaba de publicarse un aviso para mañá día 21 de AVISO POR FERTES VENTOS.

Consultar aquí

Economía visita Arteixo e A Coruña

inditex2013Os alumnos da materia Economía de Empresa de 2º bacharelato visitaron o martes 12 as instalacións que Inditex ten en Arteixo, na que puideron observar os diferentes departamentos desta exitosa empresa: Compras, Deseño, Patronaxe, Marketing e Publicidade, Corte, Produción e Loxística.Tamén visitaron a Facultade de Economía no campus de Elviña, onde foron recibidos polo Decano que lles ensinou as instalacións e lles falou da súa oferta formativa e os servizos que a facultade pon a disposición dos alumnos.
Por último, desprazáronse ao centro comercial Marineda City, onde a encargada de marketing da empresa que xestiona o centro lles deu datos e curiosidades relativas ao mesmo.

Campus científicos de verano

campuscientificoO alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato con interese na ciencia, a tecnoloxía e a innovación pode optar a unha das 1 808 prazas para participar en proxectos científicos deseñados por profesorado universitario e desenvoltos en departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional entre o 30 de xuño e o 27 de xullo de 2013. Animádevos! Máis información aquí.

A biblioteca do Sofìa en Meiga

bibliotecas Xa se poden consultar as máis de 17 000 referencias da bibloteca do centro en liña neste enlace http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED105

Novo número de PLANETA LINGUA

PLANETALINGUA14Xa está dispoñible o número 14 da revista do Equipo de Normalización Lingüística. Coma sempre con interesantes colaboracións. Pode consultarse en lina neste enlace.

Agamenón en Lugo

agamenonO alumnado de Cultura Clásica de ESO e de Grego e Latín de Bacharelato asistíu á XIII edición do Festival de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola Sección Galega da “Sociedad de Estudios Clásicos” coa colaboración do Concello lucense a través da Concellería de Educación.

Representouse ás 12:00 h. o Agamenón de Esquilo pola Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor (A Coruña)

Distribuir contido


by Dr. Radut