Skip to Content

SOCAS anuncia o CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS.

Ola amigos! Xa non vos chamo rapaces, porque, aínda que sodes xoves, non parece moi serio este cualificativo. De novo estou aquí para informarvos das actividades da nosa biblioteca. Esta vez quero invitar a profes, exprofes, pais, nais, avós de alumnos e de profes, persoal non docente e, en xeral, á gran familia do Sofía a participar nesta nova iniciativa: un Club de Lectura pensado especialmente para tódolos adultos. A nosa primeira sesión de presentación da actividade será o martes 29 de outubro ás 18,15 na biblioteca. Nela concretaremos as datas -que pensamos que pode ser o último martes de cada mes- e as suxestións de lecturas, nas que estamos a escoitar as vosas preferencias. Sabedes que queremos que sexan o máis atractivas e variadas posibles, así como facilitarvos os exemplares dende aquí. O Club dirixirano os profes Iñaki Tomás e Pilar Berrio, coa colaboración doutros que queiran anotarse. Non o dubidedes máis. Amantes dos libros, estades convidados a noso novo CLUB DE LECTURA DE ADULTOS.

Apertas:                      Socas.

SOCAS anuncia o comenzo do CLUB DE LECTURA

 

Xa sei que me botabades de menos. A mín e as nosas sesións do Club de Lectura. Pois estades de sorte. Xa non tedes que agardar demasiado. O vindeiro martes, día 8 de outubro, ás 15,30, daremos o pistoletazo de saída á nova tempada, a que fai o número catro. E por suposto, os que queirades quedar a xantar vémonos as 14,10 na biblio.

Así que agardovos a todos, en especial ós novos, tanto de 1º de ESO como de 1º de BAC. que teñades interese polas boas historias. Tedes unha cita mensual cos libros e con outros lectores, para poñer en común vivencias e opinións. Non vos arrepentiredes.

Estou desexando volver vervos a todos e que me contedes cal foi o voso libro de cabeceira durante as pasadas vacacións. Apertas: SOCAS

Actividades da biblioteca.  Podes seguirnos en    http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/

Programa municipal conecta Ferrol

AXUDAS PARA MERCAR UN ORDENADOR.

O Concello de Ferrol presenta o plan  CONECTA FERROL.


 Obxecto
Este programa ten como obxectivo establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a compra dun ordenador (portátil ou de sobremesa) por parte dos/das xoves empadroados en Ferrol coa finalidade de facilitar, axudar e mellorar a súa formación durante a etapa educativa de ESO e Bachalerato.

Comezo de curso

Xa estamos de volta!!

Benvido todo o mundo. Coas pilas recargadas, voltamos xa ao traballo.

 

Saúdos

PROGRAMA DE DOA DE LIBROS DE TEXTO

LIBROSTEXTOEste ano é máis importante apoiar o PROGRAMA DE DOACIÓN DE LIBROS DE TEXTO posto en marcha e xestionado pola ANPA do Sofía Casanova. Grazas ao mesmo, o pasado curso moito do noso alumnado cedeu en doa os seus libros do curso finalizado e boa parte puido recibir a cambio os do curso seguinte.
Coa colaboración de todas as familias pode contribuírse a que non lle falte libros a ningún dos nosos alumnos e alumnas.
Pode participarse para doar ou soilcitar acudindo ao centro para poñerse en contacto coa ANPA.
Animádevos! 

O Sofía coa traxedia do tren en Santiago, o Sofía con Laura

lazo_negro_bandeira Dende o 24 todos tiñamos un fondo pesar polo acontecido en Santiago. Hoxe soubemos que o drama afectou a Laura, unha das nosas alumnas de E.S.O. que viaxaba no tren. Ela salvouse afortunadamente, mais perdendo a dous familiares moi directos e queridos.

Unha fonda aperta a Laura, aos seus, ás demáis víctimas e os seus familiares e amigos.
E un recoñecemento a todos os voluntarios e profesionais que fixeron todo o posible por axudarlles nesas longas e difíciles horas.

Concedida a axuda do PLAMBE á biblioteca do Sofía

plambeA Asesoría de Bibliotecas ven de comunicar a relación provisional de axudas á mellora de bibliotecas escolares para o vindeiro curso, na que está incluída a do Sofía Casanova. Era esta unha vella arela do centro, e este ano vaise facer realidade, grazas en boa medida aos esforzos do grupo de traballo de biblioteca.
Parabéns a todo o mundo e o curso que ben, máis lectura!

Programa A Ponte da USC: Entrega en Santiago da distincións aos mellores expedientes de Galicia

aponteO venres 5 a Universidade de Santiago entregou no Auditorio de Galicia nesa cidade as distincións ao alumnado con 9 ou máis entre a nota media de bacharelato e a proba xeral de acceso á universidade.
O Programa A Ponte distinguiu a máis de 340 alumnas e alumnos de todo o país con este nivel de excelencia. Dentro deles estiveron Ignacio Martín Loureiro e Sergio Villadóniga Freire, dous dos 57 que superaron as probas na convocatoria de xuño. Coma nos anteriores dez anos que leva activa esta inciativa, foi un pracer contemplar a este feixe do mellor alumnado de Galicia.
Parabéns Ignacio e Sergio por representarnos. 

Máis imaxes aponte2

A imaxe do programa A Ponte son as mazás, como representación do froito da árbore da sabiduría recollido na Biblia. Cada ano son máis as mozas (un 60% en promedio) e mozos que morden esta mazá mítica; a maioría deles estudaron en IES espallados por toda Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut