Skip to Content

Ruta didáctica das Meninas de Canido

  O pasado luns, 7 de abril, os alumnos de Educación Plástica e Visual de 4º da ESO realizaron a ruta das Meninas no barrio ferrolá de Canido na que foron acompañados polo creador do proxecto Eduardo Hermida.

Ver foto ampliada.

50 aniversario do IES SOFÍA CASANOVA e DÍA DO LIBRO.

   Co fin de participar nos actos de conmemoración do 50 aniversario da creación do IES Sofía Casanova, o Departamento de Lingua Castelá e Literatura, coincidindo esta vez coa celebración do Día do Libro, organizou a realización dos seguintes actos: 1. Lecturas dramatizadas de textos seleccionados de El Quijote e dos escritores Julio Cortázar e Octavio Paz. 2. A actuación do grupo Morse co seu espectáculo poético-musical Negruras.

As lecturas, dramatizadas polo alumnado da ESO e de 1º de bacharelato na biblioteca, tiveron lugar o mércores, día 23 de abril, de 10.30 a 12.30 e continuaron o xoves, día 24 de abril, de 12.30 a 13.30h.

LETRAS GALEGAS 2015 PARA RICARDO CARVALHO CALERO

 O Calustro e o Consello Escolar do IES Sofía Casanova aprobaron por unanimidade, en sesións celebradas o día 10 de abril de 2014, apoiar o manifesto elaborado pola comisión que defende que a Real Academia Galega adique o Día das Letras Galegas no ano 2015 ao esgrevio profesor e galeguista ferrolán D. Ricardo Carvalho Calero.

Alumnado do Sofía finalista en Madrid no concurso "retoAlcoa"

 O pasado día 8 de abril saíron cara a Madrid os compoñentes do equipo do noso instituto que resultou finalista no concurso de Simulación de empresas de RetoAlcoa xunto co seu profesor de Economía, Iñaki Tomás. Estes alumnos de 1º de Bacharelato, Alejandro García e Antía Rodríguez, disputarán a final nacional a outros sete equipos e asistirán a unha serie de actividades formativas e lúdicas na sede de ESADE de Madrid

como premio á súa excelente clasificación na primeira fase dunha dura competición na que participan numerosos centros educativos, públicos e privados, do territorio nacional. Dende aquí a nosa noraboa para eles e o seu profesor así como os mellores desexos de éxito nesta fase final.

ÁFRICA: A TERRA E A PALABRA.

 Desde o Equipo de Dinamización Lingüística invitamosvos a ver esta exposición, situada no andar baixo do Centro. Comprobaredes que a lingua portuguesa- con máis de 40 millóns de falantes en África- é de moi fácil comprensión para nós. Poderedes tamén reflexionar sobre a situación deste continente, tan de actualidade trala morte – e sobre todo a vida – de Nelson Mandela e a dramática situación de tantos inmigrantes ás portas de Europa.

Visita á Cidade da Cultura

Dentro das actividades complementarias do Departamento de Debuxo e da Biblioteca do Centro, o alumnado de primeiro da ESO visitou dúas exposicións, "Gravado" e "Auga Doce", o pasado martes día 25.

En ambalasdúas recibiron explicacións didácticas  a cargo de profesionais expertos en cada unha das temáticas. 

Asistencia a un concerto no Auditorio de Galicia

 O pasado mércores 26 de marzo, o alumnado de 3º ESO, asistiu no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a un concerto didáctico adicado a tres grandes mestres de música clásica.

A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Piero Lombarda interpretou a obertura As Hébridas de F. Mendelssohn, a Sinfonía nº 44 de J. Haydn, e a Sinfonía nº 36 de W. A. Mozart.

Ver álbum de fotografías.

Visita a AQUACIENCIA

O alumnado de Física e Química de 4º de ESO acudiu ás instalacións de AQUACIENCIA, no parque Raíña Sofía, onde realizou unha  visita guiada na que Juan Astigarrabía e Pablo Pérez proporcionaron unha amena e precisa explicación das aplicacións da auga ó longo da historia.

Ver álbum de fotografías da visita.

Distribuir contido


by Dr. Radut