Skip to Content

DATAS MATRÍCULA CURSO 14-15

PARA ALUMNOS CURSANDO ESTUDOS NO CENTRO

30 de XUÑO     2º e 3º da ESO
1 de XULLO     4º ESO e 1º de Bacharelato         
2 de XULLO           2º de Bacharelato

PARA ALUMNOS DE NOVO INGRESO NO CENTRO

25 de XUÑO     Colexio de Esteiro
26 de XUÑO     Colexio de Ponzos
27 de XUÑO     Colexio de Recimil
3 e 4 de XULLO     ESO e Bacharelato doutros centros

- O alumnado que estea pendente dos exames de setembro formalizarán a matrícula nese mes.

- Rógase ao alumnado que respecte o día que lle corresponda de matrícula

Axudas para a adquisición de libros de texto na ESO.

No DOG do 30 de maio de 2014 publicouse a Orde pola que se convocan axudas para adquisición de libros de texto na ESO, para o curso 2014-2015.

Hai dos prazos de solicitude:

         Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo - Para alumnos que aprobaron en xuño

         Prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro - Para alumnos que aprobaron en setembro

Para mais información DOG do 30 de maio de 2014.

Visita á Casa das Ciencias

O alumnado de 3º da ESO guiado polos seus profesores de Bioloxía e Química fixo unha viaxe cultural A Coruña onde  visitou a Casa das Ciencias.

Na presente ligazón podes ver fotografías desa visita.

Consumo de froita nas escolas.

Na vindeira semana comenzará a campaña de "Consumo de froita nas escolas" con reparto da mesma a tódolos escolares que a desexen durante o primeiro recreo.

Na ligazón que segue móstrase información detallada do desenrolo do plan.

INFORMACIÓN

CELEBRACIÓN DO 50º ANIVERSARIO DO IES SOFÍA CASANOVA

A comisión do 50º aniversario do IES Sofía Casanova publica un programa de actos para a celebración desa efeméride.

Ver programa.

Teatro no Sofía Casanova. "O TESTAMENTO DO TÍO NACHO"

 

 O próximo xoves 29 poderemos ver os resultados de todo un ano de traballo do grupo de Teatro do Sofía Casanova.

Será por fin a estrea de O TESTAMENTO DE TÍO NACHO.

Este martes puidemos asistir a unha pre-estrea no teatro Jofre, ofertada desde a Coordinadora de Equipas de Dinamización da Lingua aos centros de Ferrolterra. Os que xa puidemos asistir aseguramos que non vos defraudará . Ata o xoves!

O escritor Marcos Calveiro no Sofía Casanova

    O luns 12 de maio Marcos Calveiro visitou o noso Instituto para falarlles aos alumnos de 2.º ESO sobre a súa novela Palabras de auga. Ao longo da narración, o autor pretende dar a coñecer a realidade da vida en África.

OBRAS NA CUBERTA DO SALÓN DE ACTOS

 

  A partir do mércores 7 de maio, a empresa Finisterre comeza as obras de substitución da cuberta do salón de actos. Durante a execución da obra, a zona circundante do salón de actos e parte do patio da cafetería permanecerán valados, polo que cómpre ter en conta o seguinte:

• A entrada e saída do instituto realizarase exclusivamente pola porta principal. Estará cortado o acceso da parte traseira do centro.

• Durante os recreos, a porta de acceso á cafetería para o alumnado de 1º e 2º da ESO permanecerá pechada. Este alumnado entrará ao patio da cafetería por onde entra o resto do alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut