Skip to Content

Días non lectivos para o curso 2013-2014

 Os días non lectivos para o IES Sofía Casanova no presente curso serán o:

28 de febreiro de 2014, e o

2 de maio de 2014.

Traballo sobre fungos e cogomelos - Sorteo tablet.

 Sorteo dunha TABLET entre os alumnos do instituto que participen na elaboración de taballos ou materiais relacionados cos FUNGOS e COGOMELOS (tanto dende o punto de vista científico como literario). Os traballos poderán ser presentados/elaborados en calquera SOPORTE e FORMATO. Prazo entrega: última semana de decembro na BIBLIOTECA ou DEPARTAMENTO DE CIENCIAS NATURAIS. Máis información: na Biblioteca, na exposición de "Fungos, cogomelos e personaxes", á entrada do centro ou no enlace https://sites.google.com/site/13cogomelosnosofia/espazo-aberto.

Exposición de fungos e cogomelos 2013/14. (Semana do 11-15 de novembro)

A exposición deste ano conta coa novidade aportada pola Biblioteca do Sofía: OS FUNGOS NA LITERATURA. Así poidemos observar diferentes exemplares naturais recollidos por alumnos, profesores e persoal non docente xunto a unha extensa recompilación de libros e lendas en carteis expositivos onde os fungos tiveron especial protagonismo. Colaboran departamento de Ciencias Naturais e Biblioteca do Sofía Casanova.

Album de fotografías da exposición.

Unha campeona no Sofía Casanova

O IES Sofía Casanova conta entre o seu alumnado cunha campeona de kayak polo.

Podes ver a entrevista que recentemente La Voz de Galicia fixo a Antía Graña González premendo no seguinte enlace: entrevista.

Exposición de maquetas celulares 2013-14

 O alumnado de 2º de ESO de Ciencias Naturais expón os seus modelos de células elaborados, principalmente, con materiais reutilizados. Podedes atopar dende un glóbulo branco ou un óvulo ata unha célula vexetal ou unha bacteria neste video.

Alumnos de Música nun concerto en Santiago de Compostela.

 O pasado 11 de outubro os/as alumnos/as de Música de 4º ESO, 1º e 2º Bach, asistiron a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Nel, tiveron o privilexio de ver e escoitar o piano preparado de John Cage, interpretado pola pianista estona Anne Tooming.

Ver álbum de fotografías.

Non do Consello Escolar ó tanque de tormentas no Pablo Iglesias.

O Consello Escolar do IES Sofía Casanova, na reunión do 9 de outubro, pronúnciase en contra da instalación dun tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias.
Distribuir contido


by Dr. Radut