Skip to Content

Non do Consello Escolar ó tanque de tormentas no Pablo Iglesias.

O Consello Escolar do IES Sofía Casanova, na reunión do 9 de outubro, pronúnciase en contra da instalación dun tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias.

COMUNICADO DE PRENSA DO CONSELLO ESCOLAR DO IES SOFÍA CASANOVA

O Consello Escolar do IES Sofía Casanova, na reunión celebrada o pasado 9 de outubro, lido o informe facilitado pola Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal “O Pilar” do barrio de Recimil e sen entrar en cuestións técnicas que exceden as súas competencias, acordou por maioría dos seus membros:

1º) Amosar publicamente o seu rexeitamento á construción do tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias, incluído no proxecto de acondicionamento do interceptor xeral da marxe da ría de Ferrol, polos seguintes motivos:

 

-Porque vai supoñer a destrución de máis dunha décima parte do parque, afectando, precisamente, ao lugar máis utilizado actualmente neste espazo público: o que corresponde coa zona de xogos infantís. -Porque ocasionará un impacto estético consistente nun edificio de catorce metros de lado e catro metros de altura e un impacto de ruídos e olores que condicionará o uso futuro do parque.

-Porque está proxectada a tan só 30 metros de distancia das vivendas e moi cerca de varios centros educativos - entre eles o noso, o IES Sofía Casanova- nos que traballa e estuda un importante número de persoas.

2º) Apoiar a solicitude da mesma Comisión ―en base a que hai lugares nas proximidades máis idóneos sen custe adicional para o proxecto e nunha zona “mais industrial” que a proposta― de realización dunha xestión máis respetuosa do uso público dos parques, de maneira que se coopere na conservación dos espazos verdes enmarcados dentro da municipalidade, tal e como sucedeu co parque da “Ranita”.



page | by Dr. Radut