Skip to Content

DATAS DE MATRÍCULA. CURSO 2013-14

PARA ALUMNOS CURSANDO ESTUDOS NO CENTRO

1 de XULLO 2º e 3º da ESO
2 de XULLO 4º ESO e 1º de Bacharelato
3 de XULLO 2º DE Bacharelato

PARA ALUMNOS DE NOVO INGRESO NO CENTRO

27 de XUÑO Colexios de Esteiro e Recimil
28 de XUÑO Colexio de Ponzos
4, 5 de XULLO ESO e Bacharelato doutros centros

- O alumnado que estean pendentes dos exames de setembro formalizarán a matrícula nese mes.

- Rógase ao alumnado que respecte o día que lle corresponda de matrícula

Entrega de notas da E.S.O. e período de reclamacións

notasA entrega de boletíns de notas farase polos titores/as o día 26 ás 13 h nas respectivas aulas.

O período de reclamación de cualificacións comprende os días 27 e 28 entre 9 e 13:30 h.

Banco de libros da ANPA do Sofía: Aviso año alumnado de 2* Bacharelato

LibrosTexto Prégase a todo o alumnado de segundo de Bacharelato que desee doar os seis libros os achegue ao centro.

A campaña de doación do año pasado permitíu favorecer a un gran número de familias.

Grazas

Aviso importante para solicitantes de actividades de formación en linguas extranxeiras

baideirasVeñen de publicarse as listaxes provisionais do alumnado seleccionado e suplente, ordeado por puntuación. Poden consultarse en http://www.edu.xunta.es/axudasle.

O PRAZO DE RECLAMACIÓN remata o 17 DE XUÑO.

Mercado de libros de texto usados

intercambiolibrosRecicla os teus libros e recupera a inversión. A campaña lévase a cabo en DOLCE VITA ODEÓN-FERROL, DOLCE VITA ODEÓN-A CORUÑA e ÁREA CENTRAL-SANTIAGO os días 26, 27, 28 Y 29 de xuño de 2013 en horario de mañana de 10:00 a 22:00 horas.

Máis detalles aquí

Día Mundial do Medio Ambiente

medioambienteHoxe é Día Mundial do Medio Ambiente: moitos pensan, con razón que estas conmemoracións deberian ser todos os días, pero aproveitamos para lembrar que hai moito por mellorar en Ferrolterra e unha parte a podemos e debempos facer cada un de nós.

Así que a lembrar neste día de sol cal vai ser a nosa aportación para un medio mellor.

Outra victoria de Sergio Trillo

sergiotrilloNon o perdemos de vista, e na prensa de hoxe (La Voz de Galicia, Edición de Ferrol) se conta o novo ouro NA COPA DE EUROPA JUNIOR!!

Parabéns Sergio, e agora duro coas PAU.

AVISO IMPORTANTE en relación coas PAU e a convocatoria de Folga

Vense de recibir un comunicado dos sindicatos convoncantes da folga do día 12 anunciando que facilitarán a realización das Probas de Acceso á Universidade solicitando se dea publicidade. Ler a nota na páxina seguinte.

OS SINDICATOS CONVOCANTES DA FOLGA COMARCAL EN FERROLTERRA O MÉRCORES, 12 DE XUÑO ( CC.OO / UGT. / USTG. E CIG.) , COMUNICAN AOS CENTROS EDUCATIVOS DA COMARCA O SEGUINTE:

Diante da celebración desta xornada de folga pola situación de penuria laboral e social da Comarca de Ferrolterra e dado que ese día vaise celebrar a proba de Selectividade na cidade de Ferrol a onde vai acudir o estudantado da Comarca a realizala, os sindicatos (CC.OO, UGT., USTG. E CIG, convocantes da mesma) manifestan a súa vontade de respectar o desenvolvemento normal da devandita proba e recomendar que se o transporte se fai en autobús este veña perfectamente identificado para que non haxa o máis mínimo problema. Pedimos tamén ás direccións dos centros educativos de Ferrol que faigan chegar esta información aos pais e nais deste alumnado o máis axiña posible para que poidan organizar ese día coa suficiente antelación. Ao mesmo tempo pedirlles desculpas polos inconvenientes que poidan ter, pero tamén comprensión diante da celebración desta xornada reivindicativa trascendental para o futuro de tod@s nós pois a situación económica e social da cidadanía tampouco pode esperar máis.

Recibide dos sindicatos convocantes un saúdo.

En Ferrol a 31 de Maio de 2013.

Distribuir contido


by Dr. Radut