Skip to Content

Concurso de disfraces “50 anos atrás”

 Con motivo da conmemoración do 50 aniversario do centro comeza un programa de actividades o xoves, 27 de febreiro, coa convocatoria do concurso “50 anos atrás”, no que os grupos de ESO e bacharelato, con disfraces, carautas e medios diversos concursan representando unha situación propia de 1964.

MARCOS CALVEIRO na BIBLIOTECA IES SOFÍA CASANOVA.

 Luns, 17-2-2014, ás 11.20:

Obradoiro escritura/literatura: Rinocerontes e quimeras.

Club de lectura do Sofía: O pintor do sombreiro de malvas.

O próximo luns, 17 de febreiro, o escritor Marcos Calveiro visitará a Biblioteca do IES Sofía Casanova. Impartirá un taller de escritura creativa, "Rinocerontes e quimeras", e reunirase cos membros do Club de Lectura para comentar a súa obra O pintor do sombreiro de malvas (lectura da 1ª sesión do club, en novembro de 2013).

Maís información en : Biblioteca IES Sofía Casanova, http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/ e tamén ver o cartaz

Novo número de PLANETA LINGUA

Xa está dispoñible o número 15 da revista do Equipo de Dinamización Lingüística. Coma sempre con interesantes colaboracións. Pode consultarse en lina neste enlace.

O alumnado de Física de 2º de Bacharelato visita o CIT.

Os pasados días, 20 e 21 de xaneiro, os alumnos de Física de 2º de Bacharelato visitaron os laboratorios do CIT de Ferrol (Centro de Innovación e Tecnoloxía), situado no Campus Universitario de Esteiro.

Recibirons explicacións sobre as investigacións que se realizan neses laboratorios e sobre as carreiras que poden estudarse nos distintos campus da Universidade Coruña/Ferrol.

Ver album de fotografías.

Os alumnos de Música de 2º de ESO no Auditorio de Galicia.

 

O pasado 17 de Xaneiro, o alumnado de 2º da ESO, xunto coas profesoras de Música, asistiron a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Nel, a Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Santiago e a Real Filharmonía interpretaron danzas, oberturas e marchas de Elgar, Ketelbey, Rossini, Chaikovski, Offenbach e Copland, baixo a batuta do mestre Diego García Rodríguez.

O alumnado deuse de conta de que coñecía máis música clásica da que pensaba, xa que recoñeceron a maioría das obras que tiveron a oportunidade de desfrutar en directo.

Ver  programa                                    Ver album de fotografías.

Concurso de postais de felicitación de Nadal.

A Asociación de Pais de Alumnos e a Dirección do IES “Sofía Casanova” organizan un concurso para seleccionar a postal que se empregará como felicitación navideña do instituto.

CARTEL       BASES DO CONCURSO

O IES Sofia Casanova na prensa.

O Diario de Ferrol recolle nas súas páxinas a incorporación da Biblioteca do IES Sofía Casanova ó Plambe.

 Para máis información: Diario de Ferrol.

Rastro solidario - Recollida de alimentos para a cociña económica.

Ó longo do mes de decembro realizaranse varias actividades de carácter solidario no noso instituto para as que se precisa  colaboración:

RASTRO SOLIDARIO O alumnado pode traer cousas que non utilice (CD, DVD, LIBRO, CÓMIC, VIDEOXOGO, BISUTERÍA) pero que aínda estean en bo estado para seren vendidos por un prezo simbólico. A recadación das vendas será entregada á Cociña Económica. Pode entregarse material ao longo da próxima semana (2-5 dec) en calquera recreo ás persoas voluntarias que estarán na entrada do instituto. A venda farase na semana do 9 ao 13.

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA A COCIÑA ECONÓMICA Como xa é habitual recolleremos alimentos non perecedoiros (arroz, pasta, conservas, legumes, aceite, leite, doces de Nadal, etc) nun carro que estará situado tamén na entrada do instituto.A data de recollida será do 2 ao 13 deste mes de decembro. Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut