Skip to Content

Acto de despedida á promoción 2013 de 2º de Bacharelato

bac2Nun salón de actos abarrotado polo alumnado, as súas familias e o seu profesorado tivo lugar o acto de despedida dos 91 alumnos e alumnas da promoción 2012-13 de 2º de Bacharelato.
O acto, organizado polo própio alumnado enriqueceuse con danza, a entrevista a un ex-alumno, recoñecido autor de cómic, a entrega de orlas, un "vídeo sorpresa" e as palabras do director e de Inés Amarelo García en representación do alumnado.
Rematouse cun fermoso tango interpretado en cuarteto de corda, uns pinchos ofrecidos polo alumnado ás familias e profesorado e, como colofón, unha cea con máis de noventa asistentes. Unha xornada inesquecible. 

Máis información gráfica

Vídeo

O teatro de Castelao visita de novo o Sofía

osvelloscastelao

GRUPO DE TEATRO DO IES SOFÍA CASANOVA: ADAPTACIÓN DE OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE
Despois de todo un curso de ensaios e desvelos, e poñendo o broche final ás actividades  programadas para conmemorar o Día das Letras Galegas, a compañía de teatro do IES Sofía Casanova porá en escena unha adaptación dos dous  primeiros lances de Os vellos non deben de namorarse de Castelao. Esta adaptación  así como a dirección da obra correron a cargo do profesor Xosé Luís Paz. O acto, xa en por si dunha grande calidade, verase enriquecido cun fondo musical de melodías tradicionais para gaita galega interpretada por Xoán Rodríguez Silvar, director do instituto e membro do grupo Raparigos. A función terá lugar no salón de actos do instituto  e desenvolverase de acordo coa seguinte programación:
Familiares do alumnado: mércores 22 de maio, de 17.00 a 18.00 horas.
Alumnado: Na mañá do xoves 23 de maio
09:00 – 10:10 (1º, 2º e 3º de ESO)
11:00 – 12:10 (4º de ESO, PCPI e 1º de bacharelato)
Ver fotos  

Parece fácil? Laura o consigue!

lauraPenaSaben que en 2ºB de ESO temos a Laura Pena, capaz de axudar decisivamente a que o equipo galego acadara a novena posición no Campionato de España de seleccións autonómicas en idade escolar?
Laura é membro do Club Esquío, a quen damos os parabéns, e fai ximnasia dende os cinco. Esta fin  de semana pasada tivo que viaxar a Murcia para a competición e así estaba hoxe de contenta amosando a reseña de Diario de Ferrol.

Tamén estamos contentos nós! Xente esforzada como Laura anímanos a facer ben o traballo contián. Moitos éxitos máis para Laura e o Esquío.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013: HOMENAXE A ROBERTO VIDAL BOLAÑO

bolañoHoxe están a ter lugar os actos preparados polo alumnado de 1ºD e de 4º A e B para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado ao dramaturgo santiagués Roberto Vidal Bolaño.En primeiro lugar veremos unha presentación sobre a vida e a obra do escritor homenaxeado e, a continuación, Andrea Rivera, Jorge Trillo, Laura Freire e Inés Falcón de 4ºA e Elina Bardanca e Alicia Bugallo de 4ºB, farán unha lectura dramatizada de fragmentos seleccionados obras do autor.
O acto está presentado por Álvaro Flores e Elena Ramil 

Festivo de centro

libroLémbrase que o xoves 16 foi elixido por claustro e consello escolar e aprobado por inspección educativa como día non lectivo de centro, polo que ese día permañecera pechado.

Bo día das Letras Galegas!

Visita á Frouxeira

frouxeiraOs grupos de ESO 1ºA e B visitaron a lagoa da Frouxeira en Valdoviño nun dos mellores momentos da tempada, en plena migración de aves cara aos criadeiros do Norte. Un día soleado e boa visibilidade axudaron a pasar unha mañá estupenda, vendo con telescopios e prismáticos o comportamento de moitos centos de aves.

A semana seguinte fixérono os grupos 1ºC e 1ºD. Aínda que o fluxo de aves baixara considerablemente puidemos ver exemplares de case todas elas e algunha especie distinta. O día acompañou e A Frouxeira foi amable cos visitantes.

Escoitando a Gulda

musicasantiago

O mércores 24 o alumnado de 3º da ESO viaxou ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela para escoitar a Thomas Piel ao violoncelo, acompañado polas seccións de vento e percusión da Real Filharmonía de Galicia interpretando o Concerto oa violoncello en re maior de Friedrich Gulda.

Ouro dous anos consecutivos

 LucasImos descubrindo máis campións polos pasillos! Hoxe Lucas Sanmartín García, de 1ºB de ESO posou coas súas dúas medallas de Campión de España de Batel, categoría infantil masculina. Diredes, dúas? Pois a deste ano e a do ano pasado, nin máis nin menos.
A deste ano foi o 28 de abril en Camarco (Cantabria). Ah, e despois de gañar o Campionato Galego o domingo anterior en Vilaxoán.
Lucas é proel do batel do Clube de Remo A Cabana-Ferrol, unha das institucións que máis ten feito polo deporte de base. Parabéns a Lucas e os seus catro compañeiros e ánimos ao clube.
Se queredes ver a prensa tédela aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut