Skip to Content

Tres sombreros de copa

tressombrerosO alumnado de 4ºESO e 1º de Bacharelato asistiron no salón de actos do colexio Lestonnac, en Caranza, á representación da inefable obra de Miguel Mihura "Tres sombreros de copa" nunha actividade do Departamento de Lingua Castelá.
Excelente a representación e a disposición do alumnado, que tivo unha boa ocasión para familiarizarse cunha obra sigular do teatro español.

Ver máis fotos

Cultura Clásica nas Médulas

culturaclasicamedulas

Chegou de volta o grupo de alumnado de Cultura Clásica e PDC que visitaron estes días o sigular xacemento das Médulas, León, coa profesora Julia de Partearroyo Domínguez. Na estadía realizaronse actividades, incluíndo a visita ás formacións afectadas pola minería romana. Unha boa experiencia!

Concerto didáctico no Auditorio de Galicia

auditoriogaliciaO alumnado de Música de 3ºESO asistíu ao concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia en Santiago de Compostela.

A interpretación estivo ao cargo de alumnado do conservatorio de Compostela co profesorado da Filharmonía que lles impartíu un curso. Así, xente nova tocando para xente nova!

A Revista Ultreia fala de programas sostidos con fondos europeos

ultreiaA revista presenta no seu número 10 unha reportaxe sobre os plans MORA da UE, cuxos fondos serven, entre outros fins, para manter os Programas de Diversificación Curricular, recollendo a experiencia do IES Sofía Casanova. O artigo pode consultarse aquí.

Un final de cine

maquinistadelageneralFran Rey trae ao salón de actos do centro o mundo dos pianistas de cine mudo cunha das obras cumes do xénero, "The General" de Buster Keaton. Unha boa despedida de vacacións para o alumnado de bacharelato!

Un breve vídeo aquí

Cos desexos dunhas boas festas e un ventureiro 2013

cartazNadal12

Deseño gañador do concurso de postais 2012, de Raquel Martínez 1ºB ESO

A árbore de Nadal do Sofía Casanova

A ANPA do centro propuxo poñer unha árbore e, este foi o resultado! Unha arbore de botellas de plástico para a reciclaxe. Nel colaboraron profesorado e alumnado para, ao tempo de decorar o centro, lembrar a cantidade de productos cotiáns que afectan ao medio ambiente. A inspiración atopámola na rede e fixémola nosa para reflexionar colaborativamente.

Casanova Científico

lampadaUn novo número do Casanova Científico está xa ao dispor no seu própio blogue, accesible en http://casanovacientifico.blogspot.com.es/.

Un recanto para a actualidade científica doado de visitar, fornecido cos artigos do noso alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut