Skip to Content

Convocado o concurso de fotografía "Imaxes con fondo"

imaxesconfondoConcurso fotográfico que trata de promover a reflexión sobre a solidariedade, os Dereitos Humanos e a responsabilidade das nosas accións dentro do ‘todo’ global.

Poden atoparse as bases en

http://www.fondogalego.org/web/imaxes_con_fondo

Convocadas as probas na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Anunciadas as probas na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia para as especialidades de Interpretación, Dirección escénica e Dramaturxia e Escenografía. O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de xuño.

Máis información en http://www.esadgalicia.com/

ALCER: Os trasplantes de órganos no Sofía

ALCERO alumnado de 3ºESO asisitíu onte a unha sesión organizada pola asociación de trasplantados ALCER, en colaboración coa ANPA. A actividade foi moi interesante para subliñar a importancia da xenerosidade que alimenta ao exemplar sistema español de trasplantes, que axuda a salvar miles de vidas cada ano..

Visita ao Val de Doniños

doniñosO alumnado de Ciencias Naturais de 1ºESO realizou o xoves 24 e o venres 25 a saída ao val e lagoa de Doniños. Camiñando polo Camiño Real ata a praia, no lugar de Outeiro, os catro grupos familiarizáronse co relevo e os valores ambientais da fermosa parroquia ferrolá. 

Acto de fin de curso de 2º de Bacharelato

esceaO venres 25 ás 18:30 terá lugar o acto académico de fin de curso de 2º de Bacharelato ao que están convidados todo o alumnado, familias e profesorado.
Cóntase coa intervención dun alumno en representación de todos os compañeiros e compañeiras, do director, actuacións musicais, proxección dun vídeo e a entrega de orlas. Pola noite celebrarase a tradicional cea de alumnado e profesorado.

Teatro no Día das Letras Galegas

 O pasadoteatro día 15 de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, os alumnos de 1º ESO A  levaron a cabo  no salón de actos do Instituto a  estrea dunha pequena obra  de teatro. A peza, de carácter cómico, está inspirada nos clásicos contos infantís de princesas e encantamentos, e foi escrita  por eles mesmos baixo o título "Unha historia diferente"

Convocadas os Premios Extraordinarios de Bacharelato

premio

Publicouse a Orde do 2 de maio de 2012 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2011-2012. Consultar aquí

Concerto lírico polo Día das Letras Galegas

pazandrade

Hoxe tivemos o privilexio de poder asistir a un concerto lírico sobre canción galega, a cargo de Carla Fernández (voz lírica) e Iago González (ao piano), coa colaboración de Candela Fernández (voz lírica, tamén). O concerto tivo lugar tras a proxección dun audiovisual sobre Valentín Paz Andrade, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas

 

Carla, antiga alumna do instituto, estuda canto e frauta no conservatorio

de Ferrol e maxisterio musical. Iago rematou o grao profesional de piano en Ferrol con matrícula de honor e actualmente estuda o grao superior no conservatorio da Coruña. Candela, irmá de Carla e actualmente alumna de 2º C no instituto, estuda tamén canto no conservatorio de Ferrol.

En particular de Carla gustaríame lembrar o seu entusiasta traballo como membro do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística,tanto nas actividades levadas a cabo no instituto como as realizadas a nivel intercentros. E o seu compromiso galeguista, tamén o de Iago, continúa a marcar os seus pasos, como o demostra o concerto que nos van brindar a continuación e o disco que xá teñen editado, titulado Reencontros no tempo, que inclúe no seu repertorio poemas, por exemplo, de Rosalía de Castro ou de Curros Enríquez. Neste contexto non nos queda máis que darlles as grazas por contribuíren a que a políglota lírica, o bel canto tamén fale galego.

Texto de Laura Suárez Llanos

Distribuir contido


by Dr. Radut