Skip to Content

ANPA: Convocatoria de asamblea

ANPA
Asociación de Nais e Pais do alumnado do IES Sofía Casanova

Convocatoria de asamblea para día 11 de Outubro -ás 18,30 horas- no salón de Actos do IES Sofia Casanova. Unha copia en papel foi entregada hoxe ao alumnado, a versión en liña pode lerse na seguinte páxina.

Ferrol, a 3 de Outubro de 2011

Estimadas /os nais- pais .- Nos presentamos como nais e pais que decidimos constituírmos nunha xestora este pasado día 28 de setembro no salón de actos deste centro escolar, despois dunha reunión convocada pola dirección deste centro, polo que agradecemos esta colaboración da dirección en aportar recursos e medios.

Estamos seguros que todas as familias coincidimos na convición de fortalecer nosos lazos de unión e solidariedade arredor de nosos fillos e fillas co obxecto de facilitarlles unha maior calidade do ensino, así como outras actividades sociais que, de seguro, serán de grande interese para todos/as. Para conseguir unha maior harmonía educativa necesitamos a implicación e esforzo de todas as familias.

Este primeiro esforzo consiste na necesidade de organizarnos como ANPA ”facéndonos SOCIOS/AS”. Somos conscientes de que os últimos acontecementos superaron con creces a necesidade de ter unha “ANPA operativa” para defender os nosos intereses. Na actualidade a verdadeira situación podemos definila como un ANPA que non ten socios/as por certo abandono e inacción, aínda que dispoñemos dos seus Estatutos vixentes e actualizados, conta bancaria con unha contía económica que informaremos na asemblea, libros diversos de actas, contas..etc.

Por todo isto, consideramos necesario CONVOCARVOS a unha xuntanza de todos/as os pais e nais que desexen participar nesta nova reorganización da ANPA da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do I.E.S. “Sofía Casanova”.

Utilizando agora os formalismos destes Estatutos. -

Esta xunta xestora quere CONVOCARVOS para o día 11 de Outubro -ás 18,30 horas- no salón de Actos do IES Sofia Casanova, baixo o compromiso de facerme socio/a para poder elixir unha Xunta Directiva.

Orde do día Punto único

- Elección da Xunta Directiva.

-Aprobación contía das COTAS de socios/as para este curso 2011-12.

A xunta xestora.-

Novo éxito do grupo Arje Teatro do IES de Breamo no Sofía

IES_BREAMO

O martes 250 alumnos e alumnas de 4ºESO, 1ºBAC e 2ºBAC humanidades asistiron absortos a representación do clásico As sombras de Electra representado por alumnado do IES de Breamo (Pontedeume) que amosaron unha vez máis o seu nivel interpretativo e o entusiasmo dos profesores Javier de Melo e Fernando Querol.

As sombras de Electra Arjé Teatro 2011 Arjé Teatro cumple catorce anos representando pezas dramáticas universais. Unha peza nova cada novo ano. Renovarse ou morrer é a súa divisa, pois así o impón a materia prima da que se nutre, é dicir as sucesivas promocións de alumnos do IES Breamo de Pontedeume que voluntariamente se incorporan ao grupo.

A peza que este ano brinda Arjé Teatro é As sombras de Electra, coa que o grupo ven de acadar (XUÑO 2011), no Concurso de Teatro Xuvenil do centro Calvo Sotelo de A Coruña, o primeiro premio á Actriz Protagonista (Xoana Arias García no papel de Electra). Tamén acadou un digno quinto premio á Representación e cinco diplomas ás Actrices e Actores Destacados, o que non deixa de ter notable mérito tendo en conta que foi a primeira -e inmadura- representación que se fixo da obra. Sen dúbida que o alumnado do IES Sofía Casanova que queira vir vela desfrutará dunha máis rodada e conmovedora posta en escena.

PRESENTACIÓN DA OBRA Se soubeses que a túa nai e mailo seu amante acaban de matar o teu pai…. quererías vingalo?, estarías dispost@ a matar a túa nai?, buscarías alguén que o fixese por ti? Argumento: Hai dez anos que o rei de Argos, Agamenón, ao regresar vitorioso da guerra de Troia, fora asasinado pola súa esposa Clitemnestra e o seu amante Existo, que detentan desde entón o trono usurpado.

Electra, filla do defunto Agamenón, arrastra unha vida miserable de rancor á súa nai e desprezo da súa acomodaticia irmá Crisótemis, e non desexa máis que a volta do seu irmán ausente Orestes, para vingar a morte do seu añorado pai. Coa chegada de incógnito de Orestes e máis o seu vello Preceptor, a terrible vinganza que levan a cabo arrepía aos cidadáns de Argos: a espiral non cesa, e nova reparación e nova vinganza están garantidos. Este episodio de amor, odio e vinganza pertencente á Saga dos Atridas, xa foi dramatizado hai dous mil cincocentos anos polos tres grandes autores tráxicos gregos Esquilo, Sófocles e Eurípides. Eles deron cadansúa interpretación. No século XX Sartre, Freud e Jung, entre outros, déronnos as súas.

A nosa versión, da man de todos eles, escarva de novo na vella lenda e propón un desenlace insólito e desacougante. Quixemos levar a escena esta traxedia para transmitir, do modo máis impactante, o noso convencemento de que a violencia produce máis violencia e leva á perdición. Por iso evitamos lexitimar sen máis as razóns da protagonista e condenar como inxustas as dos seus antagonistas. Non hai conflito violento no que os autores non xustifiquen os seus actos no agravio previamente inflixido polo outro; só tras a ruína común a ambos se decata un de que o camiño non era devolver o golpe senón saír da espiral perniciosa.

RENOVACIÓN DA ANPA

O mércores 28 ás 18:30, a continuación da presentación do Espazo Abalar, terá lugar unha xuntanza para promover unha xestora que retome o funcionamento da ANPA do centro. Animamos ás familias ou titores do alumnado do IES Sofía Casanova a protagonizar a nova etapa da ANPA. Esperamos a asistencia do mellor número de persoas para o mellor servizo ao alumnado

A ANPA do Sofía estivo sempre activa para a mellora das actividades e servizos do centro. Na actualidade precisa dunha renovación do seu corpo social e da directiva polo que se propón que nesta reunión xurda unha nova etapa da asociación. O centro a necesita, o ensino público a necesita

Presentación do ESPAZO ABALAR

Mércores 28 ás 17:30. Charla para familias e titores do alumnado sobre o programa ABALAR impartida por un técnico da consellería.

 

Comezo do curso 2011-12: Recepción do alumnado

HORARIO DE RECEPCIÓN DO ALUMNADO

O alumnado será recibido no porche do centro para pasar ao Salón de Actos, onde se lles dará a benvida polo equipo directivo e os seus titores e titoras. O horario é o seguinte:

Venres 16

09:00 - 1º ESO

09:30 - 2º ESO

10:00 - 3º ESO

10:30 - 4º ESO

11:00 - 1º Bacharelato

11:30 - 2º Bacharelato

Comezo das clases o mércores, día 21 ás 8:30

Información sobre solicitude de Becas e Axudas

Desde o xoves 28 de Xullo de 2011 a ata o 30 de Setembro de 2011 está aberto o prazo de solicitude de becas para os niveis de Bacharelato. 

Podedes facer a solicitude a través do enlace seguinte: Solicitude Becas

Matrícula de SETEMBRO para E.S.O. e Bacharelato : Curso 2011-2012

Na seguinte ligazón encóntranse as datas e a documentación requerida para formalizar a matrícula para os distintos niveis da E.S.O. e do Bacharelato para o vindeiro curso 2011-2012 na súa convocatoria de Setembro:

Matrícula Setembro 2011-2012

Distribuir contido


by Dr. Radut