Skip to Content

¡Viva La Pepa!

vivalapepaHoxe o bicentenario da Constitución de Cádiz de 1812 foi lembrado por alumnado de Historia de 2ºBacharelato cunha orixinal manifestación ao mando da súa profesora Tere Leira polas dependencias do centro, amosando cartaces con algúns dos máis senlleiros artigos.

A cartelería quedou no vestíbulo ao dispor da comunidade do Sofía.

Axuda en Acción no Sofía Casanova

axudaaccion Diana Fonseca, unha representante nicaraguense da ONG Axuda en Acción, acudiu ao centro para falarlle ao alumnado de 3º e 4ºESO sobre os programas da organización no seu país.

O acto encádrase nas actividades do Día da Muller e realizouse grazas á colaboración da ANPA. O papel das mulleres no liderato de actividades económicas foi comprobado nun vídeo coa testemuña de protagonistas locais. 

 

 

axudaaccion

Encontro con Héctor Carré Menéndez

hectorCarreO cineasta Héctor Carré Menéndez visitou o Sofía Casanova o 6 de marzo para compartir co alumnado de bacharelato a súa experiencia como escritor, axudante de dirección e, de novo en 2011, director, co seu filme Personal Movie.
No pasado ano tamén resultou gañador do premio de literatura xuvenil da Fundación Caixa Galicia coa súa obra Ferve.

Ao fin do interesante acto Héctor Carré asinou exemplares dos seus libros para o alumnado e profesorado do centro.

Máis información aquí

OS ALUMNOS DE FÍSICA E QUÍMICA DE 2º DE BACHARELATO VISITAN SOGARISA

sogarisa_aum1Os alumnos de Física e Química de 2º de bacharelato visitaron as instalacións que a empresa Sogarisa ten no polígono industrial de As Somozas.

Puideron ver como os residuos industriais chegan en camión e os distintos procesos ós que son sometidos para recuperar os materiais contidos nos mesmos que podan reutilizarse, como neutralizar e inertizar os contaminantes presentes neses residuos e como se enterran despois os residuos inertes.

 

As instalacións de Sogarisa permiten tratar os RTP (resíduos tóxicos e perigosos) de Galicia evitando así a contaminación do medio.

 

sogarisa_instal

sogarisa_alum2

sogarisa_alum3

Xadrez no Sofía

xadrezBotaron a andar as actividades de xadrez no Sofía. Grazas á iniciativa do noso alumnado, algún chegado do Ferrolterra, e á dirección deste centro que cedeu o uso dos xogos, xa hai partidas de xadrez nos recreos. Un alicerce máis nos recreos do Sofía por iniciativa desta mocedade afeccionada.

 

A actividade está coordenada pola vicedirectora Laura Suárez Llano e os bibliotecarios Ana Rodríguez Casanova e Armando Alonso Cossío.

O Clube de Lectura do Sofía comezou as súas actividades

librosCon máis alumnado e profesorado que na edición anterior comezaron as actividades do Clube de Lectura do Sofía.

O interese polos libros, as historias agochadas entre as páxinas, a paixón por descubrir novas lecturas xúntanse ao pracer de compartir e comentar lecturas. A biblioteca e outras dependencias acollen ás xuntanzas dos participantes.

DOUS PASOS POR DIANTE

Fóisenos Chiqui. Pero non se foi de baleiro. Poi un pioneiro da revolución tecnolóxica das aulas e moitos e moitas de nós coñecemos da súa man o funcionamento da pizarra dixital e do sistema operativo Ubuntu.

Penso que a mellor homenaxe que lle podemos facer ao noso compañeiro, porque el traballou arreo para acadar este obxectivo, é que, sen máis demora, acendamos a pizarra dixital sistemáticamente en canto comecemos as clases e incorporemos definitivamente nas aulas as novas tecnoloxías.

Para sempre Chiqui, no noso corazón, na nosa memoria e no noso quefacer cotián.

A súa compañeira e alumna das TIC, Laura Suárez Llano

Falecemento de Jose María del Solar Baqueiro (Chiqui)

lazonegroSempre é difícil dar unha nova que nunca se quixera dar, pero o centro debe anunciar o falecemento a pasada noite de José María del Sola Baqueiro, Chiqui, para todos nós.

Mañá ás 17 horas terá lugar un funeral na igrexa do Pilar á que se convoca a toda a comunidad escolar do centro ao tempo que se anuncia a declaración de dous día de loito por esta lamentable perda.

Co noso traballo nas clases do venres lembraremos a presenza entre nós de Chiqui, algo máis que un profesor de física e química, amigo e paciente asesor de todos os nosos problemas informáticos.

Distribuir contido


by Dr. Radut