Sempre é difícil dar unha nova que nunca se quixera dar, pero o centro debe anunciar o falecemento a pasada noite de José María del Sola Baqueiro, Chiqui, para todos nós.
Mañá ás 17 horas terá lugar un funeral na igrexa do Pilar á que se convoca a toda a comunidad escolar do centro ao tempo que se anuncia a declaración de dous día de loito por esta lamentable perda.
Co noso traballo nas clases do venres lembraremos a presenza entre nós de Chiqui, algo máis que un profesor de física e química, amigo e paciente asesor de todos os nosos problemas informáticos.