Skip to Content

IV CONCURSO “IGNACIO LÓPEZ BUENO” DE PRESENTACIÓNS INFORMÁTICAS

O I.E.S.”TERRA DE TRASANCOS” convida a participar na IV Edición do Concurso de presentacións informáticas “Ignacio López Bueno” que este ano terá como tema: "RECURSOS NATURAIS NO 3º MUNDO".

BASES DO CONCURSO:

PARTICIPANTES: O concurso vai dirixido aos alumnos e alumnas de ESO, BACHARELATO e CICLOS que estean matriculados no presente curso en centros de GALICIA. Cada un dos participantes deberá acompañar o seu traballo dun certificado de matrícula nalgún dos centros da nosa Comunidade Autónoma. Consistirá nunha presentación informática na que se poderán incluír fotos, vídeos, música, etc... e que xirará sobre “RECURSOS NATURAIS NO 3º MUNDO”

ENTREGA DO TRABALLO: Na Secretaría do centro IES “TERRA DE TRASANCOS” Por correo ordinario en formato CD ou DVD Por correo electrónico, poñendo como asunto: IV Concurso “Ignacio López Bueno"

ENDEREZOS: IES “TERRA DE TRASANCOS”, CAMIÑO REAL s/n C.P. : 15570 NARÓN. ies.terra.trasancos@edu.xunta.es VALORACIÓN DO TRABALLO: O rigor científico Orixinalidade da presentación e dos contidos Os aspectos tecnolóxicos e plásticos: efectos, música, animacións, ... A calidade lingüística e literaria.

DATAS DE PRESENTACIÓN E PREMIOS: Os traballos terán como data límite para a súa presentación o día 1 de Abril do 2011. Haberá dous premios divididos en dúas categorías: 1 premio para alumnos de ESO dotado con DIPLOMA e 150 EUROS en material informático, audiovisual (cds, películas, etc) ou libros. 1 premio para alumnos de Bacharelato e Ciclos dotado con DIPLOMA e 150 EUROS en material informático, audiovisual (cds, películas, etc) ou libros.

ENTREGA DE PREMIOS: O fallo do concurso darase a coñecer o día 12 de Abril do 2011 e será publicado no taboleiro do centro e na páxina web. A entrega dos premios correspondentes realizarase nun acto que se levará a cabo na Sala de Usos Múltiples do centro o día 15 de Abril do 2011 ás 12.10 da mañá XURADO: Estará constituido polos seguintes membros: A Xefa do Departamento de Plástica, o Secretario do centro e o Coordinador do Equipo de Normalización Lingüística. O fallo será inapelable, podendo quedar deserto algún dos premios se o xurado así o considera. Os traballos presentados non se devolverán e poderán ser publicados na páxina web do Instituto.

Encontro con Rosa Aneiros

 Rosa Aneiros visita o Sofía Casanova para falar da súa obra narrativa.

O martes 8 o salón de actos do centro será escenario dun novo encontro literario do alumnado do Sofía con algunha das máis actuais persoalidades literarias de Galicia. Contido actualizado e fotos na seguinte páxina

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, entre eles culturagalega.org (sección “Agardando as lagarteiras”), Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da Gramática, ademais do programa “Un día por diante” da Radio Galega. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002), Resistencia (Xerais, 2003, oito edicións dende a súa publicación), O xardín da media lúa (Galaxia, 2004), Veu visitarme o mar (Xerais, 2004), Ás de bolboreta (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2010 e Sol de Inverno (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela 2009 e Premio Fervenzas Literarias a Mellor portada adultos, 2009. Ten publicados relatos nos volumes colectivos Narradoras (Xerais, 2000); Relatos (1999), Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000 (2001) ), Seis ferroláns (2003), Alma de beiramar perdida (2003), Botella ao mar (2003) ou Narradio (Xerais, 2003). Conta, ademais, no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Lueiro Rey (1996); o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001), o Premio Arcebispo Juan de San Clemente (2003), o Premio Careón 2006 ou o Premio da Crítica Losada Diéguez (2005), ademais do Premio Caixanova Francisco Fernández del Riego en 2007 polo artigo xornalístico “A última vaca”. Os seus artigos literarios restán recollidos nos volumes Agardando as lagarteiras (culturagalega.org, 2003) e Ao pé do abismo (Xerais, 2007).

CLUB DE LECTURA SOFÍA CASANOVA

El próximo viernes día 21 tendrá lugar la primera reunión de nuestro Club de Lectura. Será en la biblioteca durante el primer recreo. Gracias a una ayuda de 600 € de la Consellería podremos actualizar los fondos de nuestra biblioteca, preferiblemente en lo relativo a la literatura juvenil. Para eso necesitamos que nos hagáis llegar vuestras sugerencias de compras.
Ya contamos con muchos interesados, a quienes les gusta leer y hablar sobre sus lecturas. Pensamos organizar varios grupos pequeños, moderados por algunos profes, agrupados por preferencias de lectura. ¿Cuál es la tuya?

  • CÓMIC (Clásico, Superhérores, Manga…)
  • NOVELA NEGRA O DE MISTERIO (tipo A praia dos afogados)
  • NOVELA FANTÁSTICA (tipo Harry Potter)
  • NOVELA REALISTA (tipo Tres metros sobre el cielo)
  • OTROS (de aventuras, de ciencia-ficción, de terror, histórica…)

También es buen momento para anunciar el nacimiento de un blog de nuestra biblioteca. Anota esta dirección: http://bibliotecasofia.blogspot.com

¡TE ESPERAMOS!

Concurso: Como te imaxinas na USC?

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) convoca un concurso de Relato Curto.

Límite: Tres participantes por centro. Prazo: Do 10 de xaneiro ao 29 de abril de 2011

 

CONCURSO Como te imaxinas na USC?

O obxectivo deste concurso é coñecer a visión que teñen os estudantes sobre os diferentes aspectos da vida universitaria. Por iso ofréceselles unha oportunidade para que a través da redacción dun relato curto manifesten as súas inquedanzas académicas e profesionais. A USC desexa coñecer as preferencias dos seus futuros alumnos para artellar os mecanismos necesarios que dean resposta ás súas expectativas. E tamén quere que opinen sobre todos os aspectos referidos á Universidade, unha institución académica que conxuga tradición e modernidade. Esta é unha boa ocasión para que os novos universitarios aporten suxestións para explotar mellor os múltiples recursos educativos que existen nos campus da USC e que configuran os diferentes aspectos da vida universitaria. Os traballos presentados deberán ser anónimos. Os datos persoais do alumno poñeranse nun folio aparte. Os traballos deberán ir acompañados dun texto complementario (non superior ás 20 liñas) no que se expliquen as razóns da elección temática, a xustificación das técnicas empregadas e o proceso seguido para realizar o traballo.

CRITERIOSDE AVALIACIÓN DO TRABALLO E XURADO

Valorarase a capacidade creativa, expresiva e comunicativa do estudante. Terase especialmente en conta ademais da corrección lingüística, a imaxinación e orixinalidade dos relatos, de xeito que se valorarán aquelas historias que máis exploten os aspectos creativos da Universidade en canto institución dinámica e moderna ou as múltiples facetas do estilo e vida universitaria, desde a visión de mozos e mozas.

PRESENTACIÓN PRAZO

Do 10 de xaneiro ao 29 de abril de 2011. Os traballos presentaranse nos centros de ensino medio e unha vez seleccionados enviaranse, co visto e prace do centro, a:

A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC

Pavillón estudantil. campus Sur 15782 - Santiago de Compostela

Tamén se poden enviar ao correo electrónico: aponte@usc.es

IMPORTANTE

Cada centro de ensino medio poderá presentar, como máximo, tres propostas. O centro dos estudantes gañadores tamén será premiado co mesmo agasallo.

REQUISITOS

1. Ser estudante de 4° de ESO, ciclos formativos ou bacharelato.

2. O relato curto deberá ter unha dimensión máxima de 3 folios (tamaño DIN A4).

PREMIOS

Concederase un primeiro premio e unha mención, se é do caso.

1° Premio: Un ordenador persoal portátil.

Mención: Un teléfono móbil.

Os premios entregaranse nun acto público que organizará a USC.

Aberta a convocatoria para cursar estudios en Colexios do Mundo Unido

colexiosmundounidoA Fundación Barrié ven de anunciar a convocatoria para cursar 2ºBacharelato nalgún dos Centros del Mundo Unido. As becas van dirixidas a alumnado galego ou residente en Galicia que curse 4ºESO ou 1ºBac con bo expediente académico e bo coñecemento de inglés. Para información sobre o programa premer aquí. Para acceder á solicitude e información da Fundación Barrié, premer aquí.

Nova Competencia na Avaliación de diagnóstico

A avaliación de diagnóstico de Galicia para o curso 2010/2011 incluirá probas sobre o coñecemento e a interacción do alumnado co mundo físico.

Inclúese así unha nova competencia, nunhas probas que avaliarán ademais as competencias en comunicación lingüística e matemática.

A proba de avaliación de diagnóstico da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2010/2011, que se realizará o vindeiro mes de maio, avaliará unha nova competencia, a de coñecemento e interacción do alumnado co mundo físico, que se unirá ás outras probas, que xirarán arredor das competencias lingüística e matemática.

Ver a información completa na ligazón seguinte: Avaliación de diagnóstico

Felices Festas!

Federico Pedreira Nores acada o Premio extraordinario de bacharelato

 Nas recentes probas dos premios extraordinarios de Bacharelato 2009/10 o ex alumno deste centro Federico Pedreira Nores acadou o séptimo posto, o que lle asegura un dos dezanove premios concedidos.

A comunidade educativa do Sofía Casanova quere darlle os mellores parabéns por esta merecida e traballada distinción. Noraboa Federico! 

Distribuir contido


by Dr. Radut