Skip to Content

Nova Competencia na Avaliación de diagnóstico

A avaliación de diagnóstico de Galicia para o curso 2010/2011 incluirá probas sobre o coñecemento e a interacción do alumnado co mundo físico.

Inclúese así unha nova competencia, nunhas probas que avaliarán ademais as competencias en comunicación lingüística e matemática.

A proba de avaliación de diagnóstico da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2010/2011, que se realizará o vindeiro mes de maio, avaliará unha nova competencia, a de coñecemento e interacción do alumnado co mundo físico, que se unirá ás outras probas, que xirarán arredor das competencias lingüística e matemática.

Ver a información completa na ligazón seguinte: Avaliación de diagnóstico



page | by Dr. Radut