PRAZO ATA O 9 DE XULLO DE 2010
Ante a publicación o día 29 de xuño de 2010 da Orde do BOE EDU/1719/2010, pola que se establece a adscrición dos títulos declarados equivalentes aos títulos de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior ás ramas de coñecemento, e se adapta a fórmula para o cálculo da nota de admisión ás ensinanzas universitarias de grao, a CIUG INFORMA QUE:
Os estudantes preinscritos procedentes de Formación Profesional, poderán aportar documentación complementaria, a efectos de calculo da nota de admisión, ata o día 9 de Xullo de 2010. Segundo a normativa, os certificados de centros privados deben vir avalados polo centro público de referencia.
Os estudantes de ciclos formativos LOXSE e LOE procedentes de centros que teñen trasvasados os seus datos ó SASUGA, mediante XADE, non precisan entregar certificado algún. Precisan entregalo no caso de ciclos formativos LOXSE e LOE os estudantes dos centros que figuran en anexo.
Indicase a continuación a casuística contemplada na devandita lexislación:
1º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE TÍTULOS DE TÉCNICO ESPECIALISTA DA LEI 14/1970 EQUIVALENTES AOS TÍTULOS DE TÉCNICO SUPERIOR DA LEI ORGÁNICA 2/2006,
A nota de admisión se calculará coa nota media das ensinanzas de FP de segundo grao segundo a resolución de 4 de xuño de 2001 da DG de Universidades. Se engadirá a esta nota media as ponderacións das dúas mellores cualificacións materias da Area de Coñecementos Tecnolóxicos e Prácticos das ensinanzas de Formación Profesional de segundo grao, en réxime xeral e da Area de Ampliación de Coñecementos, en réxime de ensinanzas especializadas, quedando exceptuadas as materias de Organización Empresarial, Seguridade e Hixiene e Lexislación.
A efectos de ponderación os estudantes precisan entregar un certificado no que consten as dúas mellores cualificacións das materias citadas anteriormente, que se considerarán no caso de querer acceder a graos da rama de coñecemento ás que estea adscrito o título de técnico superior ao que sexa equivalente.
2º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE OUTRAS TITULACIÓNS DECLARADAS EQUIVALENTES AO TITULO DE TÉCNICO SUPERIOR OU DESDE FORMACIÓNS DECLARADAS HOMOLOGADAS AO TÍTULO DE TÉCNICO DEPORTIVO SUPERIOR,
A efectos de ordenar, cando sexa necesario, as solicitudes de admisión a estudos universitarios de grao, serán consideradas despois do resto das
1solicitudes. Cando o acceso sexa equivalente especificamente a un título de Técnico Superior concreto, se establecerá unha adscrición preferente mediante a adscrición ás ramas de coñecemento ás que está adscrito o título ao que fora declarado equivalente ou homologado.
A nota de admisión se calculará como a nota media que figura no expediente do solicitante.
3º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE OS TÍTULOS DE TÉCNICO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL OU TÉCNICO SUPERIOR DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO REGULADOS POLA LEI ORGÁNICA 1/1990 DE 3 DE OUTUBRO
A nota de admisión se calculará igual que os titulados LOE. Polo tanto os estudantes que queiran acadar a cualificación da ponderación precisan entregar un certificado similar aos titulados de Formación profesional LOE.
4º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE OS TÍTULOS GRADUADO EN ARTES PLÁSTICAS CORRESPONDENTES AOS ESTUDOS REGULADOS POLO DECRETO 2127/1963 DE 24 DE XULLO, OU AOS PLANS EXPERIMENTAIS DESENVOLTOS POLO RD 799/1984 DE 18 DE MARZO E 942/1986 DE 9 DE MAIO, EQUIVALENTES AOS TÍTULOS DE TÉCNICO SUPERIOR DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO DA LEI ORGÁNICA 2/2006 DE EDUCACIÓN.
A efectos de ordenar, cando sexa necesario, se establece un acceso preferente mediante a adscrición dos títulos equivalentes ás ramas de coñecemento dos graos.
A nota de admisión se calculará como cualificación final da reválida, ou no seu caso cualificación final do ciclo formativo das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, e a ponderación das dúas mellores cualificacións das materias dos cursos de especialidade, quedando exceptuada a materia de Dereito Usual. A efectos de ponderación os estudantes precisan entregar un certificado coas dúas mellores cualificacións das materias dos cursos da especialidade.
5º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE OS TÍTULOS GRADUADO EN ARTES PLÁSTICAS CORRESPONDENTES AOS ESTUDOS REGULADOS POLO DECRETO 2127/1963 DE 24 DE XULLO, OU AOS PLANS EXPERIMENTAIS DESENVOLTOS POLO RD 799/1984 DE 18 DE MARZO E 942/1986 DE 9 DE MAIO, EQUIVALENTES AOS TÍTULOS DE TÉCNICO SUPERIOR DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO DA LEI ORGÁNICA 2/2006 DE EDUCACIÓN.
A efectos de ordenar, cando sexa necesario, se establece un acceso preferente mediante a adscrición dos títulos de cada un dos títulos de Perito e graduado en Cerámica, segundo a familia profesional á que pertence o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ao que se declara equivalente na Orden de 14 de maio de 1999, ás ramas de coñecemento en que se estruturan as ensinanzas universitarias de grao.
A nota de admisión se calculará como nota media das ensinanzas de cerámica e a ponderación cando sexa o caso das dúas mellores cualificacións das materias dos cursos de especialización. A efectos de ponderación os estudantes precisan entregar un certificado coas dúas mellores cualificacións das materias dos cursos de especialización.
6º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE OS TÍTULOS DE PERITO EN CERÁMICA ARTÍSTICA E PERITO EN TÉCNICA CERÁMICA, EXPEDIDOS AO AMPARO DO DECRETO DE 18 DE FEBREIRO DE 1949 E TÍTULO DE GRADUADO EN CERÁMICA CONFORME Á ORDE DE 10 DE XUÑO DE 1984, EQUIVALENTES AOS TÍTULOS DE TÉCNICO SUPERIOR DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO DA LEI ORGÁNICA 2/2006 DE EDUCACIÓN.
A efectos de ordenar, cando sexa necesario, se establece un acceso preferente mediante a adscrición dos títulos de cada un dos títulos de Perito e Graduado en Cerámica, segundo a familia profesional á que pertence o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ao que se declara equivalente na Orden de 14 de maio de 1999, as ramas de coñecemento en que se estruturan as ensinanzas universitarias de grao.
A nota de admisión se calculará como nota media das ensinanzas de cerámica e a ponderación cando sexa o caso das dúas mellores cualificacións das materias dos cursos de especialización. Os estudantes precisan entregar a efectos de ponderar un certificado coas dúas mellores cualificacións das materias de un certificado coas dúas mellores cualificacións das materias dos cursos de especialización.
7º PARA A ADMISIÓN A ESTUDOS OFICIAIS DE GRAO NO CURSO 2010- 2011 DESDE OS TÍTULOS TÉCNICO DEPORTIVO SUPERIOR, EXPEDIDOS AO AMPARO DO DECRETO DE 19 DE DECEMBRO DE 1997 POLO QUE SE CONFIGURAN COMO ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL AS CONDUCENTES A OBTENCIÓN DE TITULACIÓNS DE TÉCNICOS DEPORTIVOS E SE APROBAN AS CORRESPONDENTES ENSINANZAS MÍNIMAS EQUIVALENTES AOS TÍTULOS DE TÉCNICO SUPERIOR DA LOE
A nota de admisión se calculará como nota media final do Grao Superior e a ponderación cando sexa o caso das dúas mellores cualificacións das materias dos módulos dos que se compoñen o bloque común e específico do título e Técnico Deportivo Superior. A efectos de ponderación os estudantes precisan entregar un certificado coas dúas mellores cualificacións das materias dos módulos dos que se compoñen o bloque común e específico do título e técnico deportivo superior.