Skip to Content

Ampliado o prazo do concurso “Como te imaxinas na USC?”

O prazo de presentación do concurso de Relatos Curtos, “Como te imaxinas na USC?” ,  amplíase ata o 16 de maio de 2011.

Actualización da publicación Guía do SUG

SUG Ven de publicarse unha actualización da guía do Sistema Universitario de Galicia, con modificacións de interese nas páxinas 335 e 413.

Pode conseguirse o PDF completo en

https://www.edu.xunta.es/web/node/2416

Probas de acceso ás ensinanzas universitarias

No Diario Oficial de Gallicia nº 66 de data Luns, 4 de abril de 2011, e na súa páxina 5939, aparece publicada a "Orde do 24 de marzo de 2011 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e o proceso de admisión ás tres universidades do sistema universitario de Galicia".

Ver o texto íntegro da publicación na ligazón seguinte: Regulación PAU

Trastorno por Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade

anhidaDe interese educativo e sanitario para as familias: 1ª PONENCIAS SOBRE TDAH en Ferrol.
Data: Venres 1 de Abril de 2011 Hora: 19:00 a 21:00
Lugar Fundación NovaCaixaGalicia Ferrol, Entrada gratuíta, ata completar aforo.
Ponencias:
Dra. Elvira Ferrer: "Enfoque clínico do TDAH"
Dr. Alberto Veleiro: "O TDAH na escola"
Contacto: anhida.ferrolterra@gmail.com, 981 347 592 

Alumnado do Sofía colabora coa SGHN

sghn Vintecatro alumnas e alumnos de primeiro curso de Bacharelato  coa súa profesora Cristina López Suárez, colaboraron voluntariamente no traslado de fondos do antigo museo da Sociedade Galega de Historia Natural en Méndez Núñez ao novo local na Avenida do Rei, na chamada "Casa do Coronel".

Esta colaboración permitíu ao noso alumnado comprobar a importancia dos fondos que a SGHN pon ao dispór de Ferrolterra e aportados durante máis de trinta anos por centos de socios e colaboradores da entidade naturalista. Esperamos poder seguir aportando o apoio da comunidade escolar do IES Sofía Casanova.

Probas de acceso a grao superior

CSuperiorLugares de realización e modificación da data de celebración das probas.as seguintes ligazóns pódense consultar os lugares onde se realizarán as probas de acceso a grao superior coa asignación dos centros adscritos e a modificación da data de celebración das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: venres 1 de abril de 2011.

Lugares de celebración das probas

Máis información

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011

No DOG nº 49 do venres 11 de Marzo de 2011 publícase a Orde do 8 de marzo de 2011, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Prazo de presentación de solicitudes: 12 de marzo a 12 de abril (non incluído).

A información completa da convocatoria con accesos ao DOG e ao cartel informativo, así como para realizar a solicitude, pódese consultar na páxina seguinte: Axudas Linguas Estranxeiras

Entrega de Premios Extraordinarios de Bacharelato e Formación Profesional


Foto: O alumnado premiado co Conselleiro e altos cargos de Educación.


O pasado venres 4 de marzo realizouse no Salón de Presidencia o acto de entrega dos Premios Extraordinarios de Bacharelato, dos Premios Extraordinarios de FP e dos Premios Hispanoamericanos de Ortografía. Dous ex-alumnos do IES Sofía Casanova, Eva Piñeiro Varela e Federico Pedreira Nores recolleron senllas distincións de FP e Bacharelato, convertindo ao IES Sofía Casanova no único centro de Galicia con dous alumnos galardonados.

Foron en total 19 os premiados en Bacharelato e 10 os premios extraordinarios de FP, o que da unha idea do mérito do alumnado que acada este recoñecemento.


Eva e Fedeico posan co director Juan Rodríguez Silvar


Distribuir contido


by Dr. Radut