Skip to Content

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Probas de acceso a ciclos de grao superior.
Xa hai prazo de inscripción as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior: do 18 ao 29 de xaneiro de 2010.

Consultar neste enlace

ANTE A CONVOCATORIA DE FOLGA O DÍA 21

Estimados nais, pais ou titores do alumnado: Ante a convocatoria de folga para o vindeiro día 21 con respecto ao documento “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”, este equipo directivo desexa aclaralles o seguinte:

· A folga está convocada por sindicatos do profesorado, por organizacións de estudantes e outros colectivos cidadáns. · A convocatoria de folga está dirixida á totalidade da comunidade educativa, alumnado, pais, nais, profesorado e persoal de administración e servizos. · A decisión de participar ou non na folga corresponde a cada membro da comunidade educativa. O equipo directivo agradece a comunicación de participación na mesma a efectos organizativos. · Hoxe foi publicada a Orde (DOG nº11 de 19 de xaneiro, pp 637-638, consultable neste enlace) cos servizos mínimos, que consistirán nun membro do equipo directivo e o persoal de cada servizo.

Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciban un saúdo.

O equipo directivo

Os SMS: Unha nova canle de contacto co 'Sofía'

 O Centro estrea unha nova canle de comunicación coas familias, os SMS. Dende agora os avisos de urxencia serán remitidos por SMS ao teléfono autorizado polas familias ou titores do alumnado. A tal fin remitirase un impreso para actualizar os datos de teléfono móbil, así como o correo electrónico no caso de que tamén se desexe recibir comunicacións por este medio. Esperamos que este servizo, sen coste para vostedes, axilice a comunicación.

SUSPENDIDAS AS CLASES O Mércores 16 POLA CEOU

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 decembro 2009 14:36
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.

Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións  en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.

 

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Alumnos premiados no concurso "Proxecto Darwin. A evolución e o cinema"

ConcursoDarwinCinco alumnos de 1ºB de Bacharelato obtiveron un accésit no concurso "Proxecto Darwin. A evolución e o cinema", promovido polo Departamento de Xenética da Universidade de Santiago de Compostela.

O equipo formado por: 

  • José Espada Rico
  • Alfonso Leirachá Franco
  • Fernando Rodríguez Piñón
  • Javier Suárez Novoa
  • Alejandro Varga Rey
  • taboleiro

    presentou o seu traballo "De Neandertal e Sapiens", baseada no film de 1981 de Jean Jacques Annaud "Na procura do lume", ao concurso PROXECTO DARWIN. A EVOLUCIÓN E O CINEMA, convocado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e fallado o pasado venres en Santiago de Compostela. A convocatoria, que contou cunha elevada participación, propuxo o achegamento do alumnado dese nivel á pegada que o traballo de Darwin tivo na nosa vida cotián.

    O grupo galardonado foi un dos que se presentaron polo IES Sofía Casanova. O centro quere felicitar a todos os participantes nesta actividade educativa, convencidos de que experiencias como esta son enriquecedoras para os participantes e un estímulo para toda a comunidade educativa. Noraboa aos grupos e ao seu profesorado! 

    Pódese acceder aos traballos premiados no seguinte enlace: http://www.darwineocinema.org/

     

    Programa Internacional de Becas High School de la Fundación Pedro Barrié de la Maza y la Fundación Amancio Ortega Gao

    Hoxe foi presentado este programa, máis información na web  www.becashighschool.org

    O prazo remata o 15 de decembro.

    Xornadas sobre sistemas de uso seguro de Internet na infancia. Vixilancia e control do uso de Internet

     Polo seu interese destácanse as xornadas destinadas ao uso seguro e responsable de internet polos menores.

    En Ferrol celébranse o martes 17 de novembro no Centro Cultural Torrente Ballester, rúa Concepción Arenal s/n. Haberá dúas quendas na mesma tarde, unha ás 16 horas e outra ás 18.30 horas. A asistencia é libre e dirixida fundamentalmente a pais, mestres e incluso aos propios alumnos de secundaria, bacharelato e ciclos, e/ou persoas en xeral interesadas na materia. Estas xornadas teñen a finalidade de concienciar ao colectivo sobre os usos e riscos das TIC e facilitar os medios necesarios para aprender os métodos de control do uso da Internet, sen que se impida o acceso á sociedade da información. Fundamentalmente tratarase o control de contidos de Internet, o manexo das ferramentas existentes e o control parental.

     

    Distribuir contido


    by Dr. Radut