Skip to Content

Alumnos do Sofía Casanova nunha xornada de xuízos no Xulgado do Penal

 Alumnos de 1º e 2º curso de bacharelato seguiron onte a xornada de xuízos no Xulgado do Penal número 2 de Ferrol. A maxistrado, María Jesús García, baixou do estrado en varios momentos para explicar aos novos pormenores do sistema penal español e dos casos que se estaban vendo.

A Voz de Galicia recolleu os pormenores desta visita.

Ver noticia.

Crónica e fotos do entroido 2014

 

O 27 de febreiro celebramos no instituto o Entroido e, con esta actividade, comezaron tamén os actos de conmemoración do 50 aniversario do noso centro.

Os nosos rapaces e rapazas participaron masivamente nun concurso que tiña como obxectivo revivir situacións propias do ano 1964, aínda que, finalmente, algunhas das representacións xeralizáronse á década dos 60.

ADMISIÓN DO ALUMNADO

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2014-2015 a dirección do IES Sofía Casanova informa que non é necesario presentar a documentación dos criterios alegados por quedar prazas vacantes en todos os cursos e niveis de ensinanza.

A MULLER, INNOVADORA NA CIENCIA

Con motivo da celebración do Día Internacional da muller traballadora, neste mes de marzo poderase disfrutar no instituto da exposición "A MULLER, INNOVADORA NA CIENCIA", que, mediante carteis explicativos, percorre a vida e obra dunha veintena de destacadas investigadoras ao longo da historia.

Publicación do libro "El mayordomo de Scotland Yard"

O profesorado do Sofía Casanova continúa activo na publicación de libros.

Desta vez é a profesora de Lingua e Literatura Castelá, Pilar Berrio, a que ven de publicar "El Mayordomo de Scotland Yard".

A presentación do libro terá lugar o xoves 20 de marzo, ás 19:30 h, na Bibliteca Municipal, Praza de España, Ferrol.

Ver contraportada.

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2014-2015

Relación de prazas vacantes para o vindeiro curso 2014-2015:

ESO:

           1º Curso:  15 prazas.

           2º Curso:  17 prazas.

           3º Curso: 30 prazas.

           4º Curso:  19 prazas.

BACHARELATO:

           1º Curso:  75 prazas.

           2º Curso:  20 prazas.

 

As solicitudes poderán entregarse ata o 20 de marzo.

A documentación acreditativa dos criterios alegados para solicitar a praza, que se aplicarán no caso de haber máis solicitudes que prazas, entregarase entre o 24 de marzo e o 4 de abril.

As listaxes provisionais de admitidos/non admitidos publicaranse antes do 25 de abril.

As listaxes definitivas de admitidos/non admitidos publicaranse antes do 15 de maio.

A matrícula dos alumnos admitidos terá lugar no mes de xullo para os aprobados na convocatoria ordinaria e no mes de setembro para os pendentes de exames de setembro. As datas para estas matrículas publicaranse a finais de xuño.

Visita ó SAI, servizo de apoio á investigación, universidade de A Coruña.

O alumnado de Bioloxía e Química de segundo de Bacharelato visitou o servizo de apoio á inverstigación da Universidade de A Coruña.

Poideron ver os laboratorios de análise de augas, microscopía electrónica, cromatografía, espectroscopia e análise estrutural.

Ver álbum de fotografías.

50 ANIVERSARIO DO IES SOFÍA CASANOVA.

 Este ano celebramos o 50 aniversario da creación do noso instituto; en orixe, en aulas específicas femininas do IES Concepción Arenal e, a partir de xaneiro de 1967, na actual ubicación do IES Sofía Casanova.

Con motivo desta conmemoración, o centro ten elaborado un programa de actividades, que comeza coa convocatoria do concurso “50 anos atrás”.

 

O resto da programación concentrarase e levarase a cabo durante a última semana do mes de maio. Será unha semana na que se irán sucedendo unha morea de actos, entre os que salientamos os seguintes:

Distribuir contido


by Dr. Radut