Skip to Content

Reciclaciencia no Sofía

 

   Os alumnos de ciencias naturais de 2º de ESO construíron cos seus profesores maquetas de diferentes tipos celulares utilizando principalmente materiais reciclados.

   Se vos acercades polo centro, no hall que da acceso ao salón de actos poderedes disfrutar dunha exposición moi interesante con reproducións dun espermatozoide, dun óvulo humano, dunha neurona ou dunha bacteria.

Ver máis.

Contacontos

 

   O 11 de novembro os departamentos de Dinamización da lingua e de Lingua Inglesa organizamos unha actividade de CONTACONTOS.

   Con historias que formulaban intrigantes dilemas e contos de misterio pasamos un tempo divertido coa lingua galega e a lingua inglesa.

   Os alumnos comentaron que as historias resultaran divertidas, románticas, sinistras...

   Estupendo! De cando en vez as clases deben ser así.

“OPS!” O Português Simples no Sofía Casanova

 

    O martes día 4 de novembro tivo lugar no noso IES o obradoiro de portugués “OPS!” O Português Simples dirixido ao alumnado de 4º de ESO.

    Esta actividade organizouna Antía en colaboración coa Associaçom Galega da Língua e tivo como obxectivo amosarlle ao alumnado a vantaxe competitiva que representa a nosa lingua, o galego, no contexto español e europeo, porque nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués (Brasil, Portugal, Angola...) e, polo tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercados laborais.

V Xornadas de Bibliotecas Escolares

 

  Este fin de semana , 7 e 8 de novembro, celébranse en Santiago de Compostela as V Xornadas de Bibliotecas Escolares.

  Todos os interesados podedes consultar o programa das mesmas.

   Os materiais das xornadas xa están dispoñibles.

  En representacón da Biblioteca do Centro participará a profesora Ana Seco Orosa. Ver sitio.

Tempo de Samain

 

O tempo de Samaín inspirounos unha historia: “O morto-non-morto que non quería morrer”.

Trátase dunha breve e sinxela reflexión sobre a situación actual da lingua galega: está viva?, morta?, queremos que viva?

O resultado deste traballo, realizado por algúns alumnos de 1º da ESO e o Equipo de Dinamización da Lingua, está exposto no corredor de 1ºESO.

Pasade velo.

Visita á Escola Politécnica Superior

 

    O pasado xoves, 30 de outubro, os nosos alumnos de Tecnoloxía de 4º de ESO e 1º de bacharelato asistiron xunto coas súas profesoras Bea, Eva e Teresa á Escola Politécnica Superior do Campus de Esteiro para observaren o traballo práctico que os alumnos de terceiro curso do Grao en Inxeniería Mecánica realizaron no marco da materia Tecnoloxía de Máquinas.

   Presentáronse prototipos de vehículos ou máquinas propulsados por un motor eléctrico –alimentado por unha pila de 4,5 voltios– capaz de completar un traxecto de máis dun metro e medio de lonxitude no que se interpoñía como obstáculo unha viga de madeira de sección cadrada e de 66 milímetros de lado.

Visita á Serra da Capelada

 

   O pasado martes, 28 de outubro, os nosos alumnos estudantes de xeoloxía de 1º e 2º de Bacharelato tiveron a oportunidade de visitar un espazo xeolóxico único na Península Ibérica.

   Trátase da Serra da Capelada, situada entre as localidades de Cedeira e Cariño. A singularidade deste espazo, coñecido polos xeólogos como Complexo de Cabo Ortegal, baséase en que nel podemos observar e pisar rochas metamorfizadas do manto terrestre tales como serpentinitas, ecloxitas ou granulitas que cabalgaron sobre o continente durante a formación de Panxea (hai uns 250 millóns de anos). 

   ¡Un lugar para visitar e respectar!

Visita ao Teatro Jofre

 

   Os alumnos de 4º de PDC coa súa profesora do Ámbito Sociolingüístico, Ángeles Doce, realizaron o martes 28 de outubro unha visita ao “Teatro Jofre” da cidade para complementar as explicións da aula.

   Alí puideron observar a pranta en forma de ferradura, diseño que facilita unha acústica impecable, idónea para la escenificación de dramas líricos, o espacio interior que consta de tres pisos decorados cun estilo clasicista propio dos teatros del XIX que emulaban aos italianos de época barroca, e tamén os elementos da tremoia.

Distribuir contido


by Dr. Radut