Skip to Content

Programa municipal conecta Ferrol

AXUDAS PARA MERCAR UN ORDENADOR.

O Concello de Ferrol presenta o plan  CONECTA FERROL.


 Obxecto
Este programa ten como obxectivo establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a compra dun ordenador (portátil ou de sobremesa) por parte dos/das xoves empadroados en Ferrol coa finalidade de facilitar, axudar e mellorar a súa formación durante a etapa educativa de ESO e Bachalerato.

Beneficiarios/as, requisitos e baremación
Poderán solicitar as axudas os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:
a)Estar empadroado no Concello de Ferrol, cunha antigüidade dun ano como mínimo.
b)Ter entre 12 e 18 anos de idade, cumpridos no momento de presentar a súa solicitude.
c)Acreditar un nivel de ingresos económicos netos anuais da unidade familiar non
superior a 2,5 veces o IPREM establecido para o ano 2013, incluíndo as pagas extras e
incrementando nun 15% por cada novo membro.

Solicitudes, documentación e prazo
Os mozos e mozas que desexen acollerse a esta convocatoria, deberán achegar a súa solicitude segundo o modelo oficial que poderán recoller no Rexistro Municipal. Só se terá en conta unha solicitude por familia.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte da publicación das bases no Taboleiro de Anuncios do Concello, e estará aberto ata o día 31 de outubro.

                                                            Acceso ás bases do plan



page | by Dr. Radut