Skip to Content

Charla divulgativa da FAXPG

Especialistas da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia impartiron o pasado martes 3 de maio unha charla divulgativa para o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do noso centro. Os contidos aos que fixeron especial referencia foron, entre outros os seguintes:

  • Lingua de signos española (LSE).
  • Barreiras de comunicación coas que se encontran diariamente as persoas xordas.
  • Axudas técnicas para superar as barreiras de comunicación.
  • Mitos sobre as persoas xordas.

Agradecemos especialmente a información recibida que resultou moi interesante para os contidos curriculares do noso alumnado.

Podes ver as fotos da charla na seguinte ligazón: Fotos da Charla



page | by Dr. Radut