Skip to Content

Visita a LIGAL, LAFIGA, CIAM : 2ºA e 2ºB - Bac

Con data 25 de Marzo de 2010, as alumnas e os alumnos dos grupos 2ºA e 2ºB de Bacharelato do IES Sofía Casanova, ambos os dous grupos do itinerario de Ciencias e Tecnoloxía, foron hasta San Tirso de Mabegondo, acompañados dos seus profesores do departamento de Física e Química, a visitar as empresas LIGAL (Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite), LAFIGA (Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia) e CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo).

No LIGAL (Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite) puideron enterarse de todos os parámetros de control para que o leite de vaca de Galicia e os productos lácteos teñan o máximo de calidade, así como que facer para o control e prevención de mamites.

No LAFIGA (Laaboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia) visitaron a Sección de alimentos e bebidas onde, de forma moi breve, informáronlles de algunhas das análises levadas a cabo para controlar a callidade e o cumprimento da lexislación vixente.

Por último, no CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo) puideron coñecer as súas instalacións exteriores, "dar de comer as vacas", ver a inseminación artificial dunha vaca, coñecer o que comen as vacas e varios dos proxectos de investigación sobre produción vexetal e, por último, ver unha plantación de lúpulo para elaborar cervexa dunha coñecida marca galega de cervexa.

Podedes ver as fotos da visita na seguinte ligazón: Visita LIGAL, LAFIGA, CIAM



page | by Dr. Radut