Skip to Content

Outras novas

Xornada de comezo do curso 2023-2024

Datas e horario da xornada de comezo do curso 2023-2024. O alumnado deberá acudir á xornada de presentación na hora indicada para cada curso ou nivel. A xornada de presentación terá unha duración dunha hora e media.

Horario lectivo - Curso 2023-2024

Comunicamos que unha vez finalizado o protocolo específico de adaptación ao contexto da Covid-19 no ámbito educativo o horario lectivo para o curso 2023-2024 será o que segue:

Horario de atención ao público durante os meses de xullo e agosto 2023

Horario de atención ao público durante os meses de xullo e agosto 2023

Enquisa de valoración da Biblioteca Escolar 2023

Desde o Equipo da Biblioteca Escolar do IES Santa Irene, queremos facervos chegar unha breve enquisa para avaliar, e así mellorar, o noso labor.

Estará dispoñible ata o 30 de maio.

Enquisa prema AQUÍ

Enquisas Convivencia Escolar 2023

No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 estase a realizarEnquisa de Convivencia Escolar 2023cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos).

Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros públicos e privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Así mesmo, recórdase que nesta enquisa participan todos os colectivos que conforman a comunidade educativa -alumnado, profesorado, persoal non docente e familias- e que para cumplimentar a enquisa precísase unha clave de acceso ao cuestionario do seu colectivo.

Enquisa para as familias - Prema aquí

Enquisa para o alumnado de ESO/ESA - Prema aquí

Enquisa para o alumnado de Bacharelato - Prema aquí

Información e instrucións

Enquisa I Semana da Ciencia

Enquisa para o alumnado sobre a I Semana da Ciencia celebrada no centro entre o 18 e o 24 de abril

Enquisa - Prema aquí

I Semana da Ciencia 2023

PUBLICACIÓN PROVISIONAL DOS ASPIRANTES ÁS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO CONVOCATORIA DE MAIO (2023)

No taboleiro interior (situado na parte esquerda da parte baixa do IES Santa Irene) poderedes consultar a listaxe provisional de persoas admitidas para a realización das Probas Libres da ESO (convocatoria de maio). 

De acordo coa lexislación vixente, haberá un prazo de reclamacións de tres días hábiles e a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas ás probas publicarase nos propios centros o vindeiro luns 17 de abril de 2023.

Horario de atención Semana Santa 2023

Enquisas do Plan Estratéxico de Mellora (PEM) 2022-2025

Enquisas sobre aspectos relacionados co funcionamento e organización do centro educativo. O obxectivo das mesmas é realizar un PLAN DE MELLORA coas achegas de toda a comunidade educativa.

Por esta razón, solicitámoslles que adiquen un pouco do seu tempo (arredor de 5 minutos) en responder con sinceridade ás enquisas.

A información facilitada será totalmente anónima e utilizada única e exclusivamente coa finalidade anteriormente comentada.

Distribuir contido


by Dr. Radut