Desde o día 9 até o 19 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula para todo o alumnado de nova incorporación que queira cursar a Educación Secundaria polo réxime de Persoas Adultas. Para a matriculación deberán achegar:
- Certificación académica dos estudos cursados con anterioridade (Solicítea no último Centro no que estivo matriculado/a). *
- Dúas fotos tamaño carné.
- Unha fotocopia do DNI
- Dous euros para o Seguro Escolar.
Non se recollerá ninguna matrícula se non se entrega toda a documentación.
*IMPORTANTE: Quen non dispoña de Certificación Académica ou os requisitos académicos deberá realizar unha proba de Avaliación Inicial (Proba AvI), para ser adscrito/a ao nivel correspondente.
Pode apuntarse no centro para facer esta proba entregando un impreso cuberto (en secretaría ou en Xefatura de Estudios de Adultos) do 9 ao 16 de Xaneiro.
O exame será o mércores 17 de xaneiro de 2024, ás 18.30 h., na biblioteca do centro.
DIRECCIÓN
8 de xaneiro de 2024