Skip to Content

DATA, HORA E LUGAR PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS LIBRES (ESO) Convocatoria setembro 2023

As probas celebraranse no IES Politécnico (Rúa do Conde de Torrecedeira, 88), en sesións de mañá e tarde, o día 1 de setembro de 2023 (convocatoria extraordinaria).

sesión da mañá terá dúas partes:

  • Na primeira, das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
  • Na segunda parte, das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.

Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:

      a) Lingua galega e literatura.

  • a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
  • a.2) Cuestións de Lingua galega e literatura.

      b) Lingua castelá e literatura.

  • b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lingua galega e literatura.
  • b.2) Cuestións de Lingua castelá e literatura.

c) Lingua estranxeira (inglés ou francés).

Lembren que hai que presentar o DNI ou, no seu defecto, o pasaporte para poder acceder ao exame. Poden consultar toda a información no seguinte enlace:

Resolución do 27 de xaneiro de 2023 (DOG, luns 13 de febreiro de 2023)

Os resultados das probas poderán consultarse o 7 de setembro, ben no portal web da xunta, ben no taboleiro interior do IES Santa Irene. Desde ese momento abrirase un periodo de reclamacións de 5 días hábiles e posteriormente, o 15 de setembro,  publicaranse as listaxes definitivas de aprobados e suspensos.

Cronograma probas libre ESO setembro 2023

Probas para a obtención de títulos de ESO de anos anteriores



story | by Dr. Radut