Skip to Content

1º bacharelato, 2º bacharelato

Instrucións taxas título bacharel e ABAU - SETEMBRO 2020

Nos documentos adxuntos podedes descargar as instrucións a seguir e a documentación necesaria para a expedición do título de Bacharelato e para formalizar a matrícula nas probas ABAU. O día para realizar o pagamento das taxas é o xoves 3 de setembro. Unha vez realizado o pagamento e cuberto o impreso de matrícula da ABAU estregaranse as copias correspondentes na secretaría do instituto o venres 4 de setembro, en horario de 9:00 a 13:00.

Convocados os Premios extraordinarios de Bacharelato

Hoxe 22 de xullo publícase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato do curso 2019/2020.

Poderá obtar a eles o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2019/2020 cunha nota media na etapa igual ou superior a 8,75.

O prazo para solicitalo remata o 24 de agosto.

Información importante para a preinscripción na Universidade na aplicación Nerta

Na páxina web de futuros estudantes da Universidade de A Coruña podedes consultar toda a información relativa ás ABAU, á preinscripción e á aplicación NERTA:

Alumno de 2º de bacharelato en cuarentena, negativo na proba

Poñemos en comunicación das familias e alumnado de 2º de bacharelato que un alumno do IES Santa Irene atópase en cuarentena desde hoxe mércores a primeira hora da tarde, tras dar positivo en COVID19 un familiar non convivinte co que o alumno non tivo contacto directo. Os resultados das probas que lle foron realizadas a toda a familia coñeceranse nas vindeiras 24 horas: NEGATIVO (confirmado o xoves ás 8:30 horas).

O alumno, que estaba realizando as probas ABAU, non puido presentarse aos exames da parte voluntaria por mor da cuarentena.

Lugar de celebración ABAU xullo 2020

O alumnado do IES Santa Irene (diurno e adultos) realizará os exames das ABAU no FRONTÓN do pavillón municipal das Travesas, agás o alumnado con NNEE que os realizará no IES San Tomé do Freixeiro. Non esquezades levar DNI, resgardo da matrícula e xustificante de pago.

A entrada será pola rúa Cesáreo González, entre 9:00 e 9:20 horas.

Nos documentos adxuntos podedes ver un plano de situación e ler tamén información referente ás medidas específicas derivadas da COVID-19.

Cancelación da viaxe a Londres

Ante a incerteza da situación e non tendo garantías de poder viaxar en setembro, a viaxe a Londres do alumnado de 1º de bacharelato prevista inicialmente para abril de 2020, foi cancelada.

A axencia de viaxes devolverá o diñeiro aportado agás 35€ de gastos de cancelación.

No documento adxunto atoparedes información importante sobre como será feita a devolución.

Acceso a ciclos FP: Calendario, prazas e criterios de selección

No seguinte enlace podedes consultar a información da Consellería sobre o acceso aos ciclos medio e superior de FP:  calendario e normativa básica sobre a distribución de prazas e os criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta.

Enlace 

Departamento de orientación. E agora...a ABAU!

O Departamento de Orientación facilita no ficheiro adxunto uns sinxelos, bos e prácticos consellos para todo alumnado que rematado 2º Bacharelato vai á proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

Probas ABAU: Información importante para o alumnado

No arquivo adxunto atoparedes toda a información relativa á celebración das probas ABAU 2020: matrícula, calendario, características da proba e instrucións para o alumnado.

Instrucións para Matrícula ABAU e expedición do Título de Bacharel

Nos documentos adxuntos podedes descargar as instrucións a seguir para a expedición do título de Bacharel e para formalizar a matrícula nas probas ABAU. Preferiblemente, este ano farase de forma telemática; poderase igualmente realizar de forma presencial na secretaría do centro, de 9 a 14 horas, entre os días 10 e 17 de xuño. Neste caso, haberá que manter as distancias de seguridade e respectar o aforo de secretaría que é de 2 persoas.

Distribuir contido


by Dr. Radut