Skip to Content

Alumno de 2º de bacharelato en cuarentena, negativo na proba

Poñemos en comunicación das familias e alumnado de 2º de bacharelato que un alumno do IES Santa Irene atópase en cuarentena desde hoxe mércores a primeira hora da tarde, tras dar positivo en COVID19 un familiar non convivinte co que o alumno non tivo contacto directo. Os resultados das probas que lle foron realizadas a toda a familia coñeceranse nas vindeiras 24 horas: NEGATIVO (confirmado o xoves ás 8:30 horas).

O alumno, que estaba realizando as probas ABAU, non puido presentarse aos exames da parte voluntaria por mor da cuarentena.

En canto o centro tivo coñecemento da situación, comunicouno á comisión delegada e aplicáronse os protocolos establecidos.

Queremos tranquilizar ás familias e ao alumnado; as autoridades teñen coñecemento da situación e calquera información relevante será inmediatamente trasladada ás/aos interesados.

 



story | by Dr. Radut