Está dispoñible a aplicación Abalar Móbil, que permite ás familias coñecer as incidencias do curso dos seus fillos. Pódense consultar faltas asistencia, notas, etc.
Xúntase infomración sobre a aplicación publicada pola Consellería de Educación.
Listaxes do alumnado que recibe libros e do alumnado excluído
Aqueles alumnos/as que teñenlibros asignados serán avisados ao longo da próxima semana das datas de entrega. Serán os pais/nais/titores legais quen recollan os libros e asinen o xustificante de entrega.
Aqueles alumnos/as que non teñen libros asignadospero están admitidos deberán esperar a que se repartan libros aos anteriores e se lles asignen a eles.
A publicación das listaxes definitivas dos alumnos de 1º e 3º de ESO que recibirán libros de texto do fondo solidario do centro non se pode realizar porque desde a Consellería aínda se están a realizar as correccións necesarias.
As probas de Selectividade que se celebrarán os días 14, 15 e 16 de setembro terán lugar na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Na presentación tedes toda a información necesaria sobre ditas probas.
As probas libres para obter o título de graduado en educación secundaria terán lugar o vindeiro día 8 de setembro no IES República Oriental do Uruguai, ás 8:30 horas.