Complementarias

!O proxecto do IES San Rosendo "A paisaxe como alma do territorio" recibiu o primeiro premio Paisaxe e Sustentabilidade na convocatoria 2014-2015!

O pasado día 7 de outubro reuniuse o xurado encargado de resolver a convocatoria dos premios Paisaxe e Sustentabilidade. Participaron na convocatoria 2014-2015, de oficio, os 28 centros de educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP seleccionados para participar no programa “Paisaxe e Sustentabilidade” a través do plan Proxecta.

Esta iniciativa educativa pretende fomentar a cultura da sustentabilidade e a valoración da paisaxe propia por parte do alumnado de Galicia.

 Así pois o xurado acordou conceder, por unanimidade, tendo en conta os criterios establecidos na convocatoria o  seguinte PREMIO ao centro:

 

PREMIO

CENTRO DOCENTE

PROXECTO 2014-15

1º premio

IES Plurilingüe San Rosendo

A paisaxe como alma do territorio

 

Os nosos parabéns á profesora coordinadora, Macamen Cerviño Gómez, e ao resto do profesorado e alumnado participante.

http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/?content=Direccion_Xeral_Sostibilidade_Paisaxe/promocion-sostibilidade/seccion.html&std=curso_2014_2015.html&sub=paisaxe_e_sustentabilidade/

Exposición na biblioteca de primeiras edicións de escritores do século XIX

   O IES San Rosendo, en colaboración co Círculo Recreativo de Mondoñedo (antigo casino), presenta na biblioteca unha exposición composta por 42 libros, na súa práctica totalidade primeiras edicións, publicados entre os anos 1882 e 1902. Todas estas obras foron escritas por autores galegos do século XIX e pertencen aos fondos da biblioteca do Círculo Recreativo. Ademáis de obras literarias móstranse traballos relacionados coa historia, a arqueoloxía ou o periodismo. 

   El Progreso. Portada de A Mariña 3-VI-2015Destacan na exposición dous libros de Murguía como son "Os precursores" (1885) e "Prosa" (1895), ademáis de outras tantas obras de Concepción Arenal: "Cuadros de guerra" e a que leva o título de "La mujer de su casa". Tamén ten importancia a segunda edición de "A tecedeira de Bonaval", escrita en 1894 por Antonio López Ferreiro, ou varias obras do historiador mindoniense José Villamil, descubridor dos frescos da catedral de Mondoñedo, entre as que sobresae a "Memoria sobre la creación de un museo arqueológico en la ciudad de Santiago" (1887). Tamén teñen un importante valor histórico traballos de autores como Val do Insua, Sofía Casanova, Benito Vicetto ou Carlos Polo.

   E non se pode deixar de resaltar unha edición completa do periódico "Galicia" entre os anos 1892 e 1894. Nesta época era tesoureiro do Círculo o médico e escritor mindoniense Leiras Pulpeiro que escribía tamén artigos neste periódico. A edición que se expón na biblioteca, que é dunhas 700 páxinas, conta con varias correcións do propio Pulpeiro. Outra curiosidade, polo limitada da súa eduición, é un libro escrito por un canónigo da catedral de Mondoñedo que trata sobre a vida de Santo Domingo de Guzmán. 

El Progreso. A Mariña 3-VI-2015

 

Fotos e información en El Progreso. A Mariña 3-VI-2015

Os alumnos de 4º da ESO visitaron Guimaraes no marco do Proxecto Terra

Alumnos de 4º da ESO de visita en Guimaraes

PROXECTOTERRA: INTERCAMBIO TERRITORIAL CON GUIMARAES

Alumnos do IES San Rosendo participaron no seminario "Habilidades para o éxito" patrocinado por Alcoa.

Estudiantes de bachillerato de San Cibrao, Xove, Burela, Mondoñedo y Rábade ayer en el seminario promovido por Alcoa.

Foto e nova en La Voz de Galicia. a Mariña

   Un total de 161 alumnos dos los institutos de San Cibrao, Xove, Burela, Mondoñedo e Rábade participaron no seminario «Habilidades para o éxito», patrocinado pola Fundación Alcoa. 

Distribuir contido