Complementarias

A obra de teatro "A ratoeira", de Agatha Christie, representada o 28 de marzo no salón de actos do IES

teatro-mondoñedo1

   O 28 de marzo o alumnado da ESO e de primeiro curso de Bacharelato do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo puido disfrutar da adaptación teatral da mítica obra de intriga, A ratoeira, de Agatha Christie, levada a cabo por Mónica Camaño. Unha proposta do departamento de Normalización Lingüística para para poñer punto e final á segunda avaliación. A Casa Grande do Pozo dos Monxes abriu as súas portas aos primeiros hóspedes ao tempo que se produce un crime. A intriga propia da raíña da novela policial inglesa fixo que os asistentes dende o principio intentaran descubrir ó asasino. A representación teatral, moi coidada nos diálogos e na escenografía, de O Aturuxo de Melpómene non deixou indiferente ao respetable público. Os actores deron vida a unhas personaxes universais durante dúas horas de representación. É, sen ningunha dúbida, unha aposta do profesorado do centro para educar aos rapaces no ocio de calidade e de intruducilos na nosa cultura pola porta do teatro en tempos de crise.

(Artigo publicado en Cronica 3.com A Mariña)

 

Actividades complementarias e extraescolares do mes de Abril

      ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

 MES: ABRIL

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

 

1

 

2

 

 

3

Dpto de Castelán
Obradoiro de poesía con Yolanda Castaño
 2º ESO A e B
 9:30 a 11:10
 Salón de actos

4

 

7
8
9
10
11
Dpto. Orientación
Aprende a calcular mellor con Jorge Mira
 1º ESO Y 2º ESO
 14:10 a 15.00
 Salón de actos

21

 

 

22
Dpto de Castelán
 Contacontos
(Charo Pita)
 Biblioteca
 
1º ESO A e B
 11:10 a 12:00
23
Dpto. de Agraria
 Alumnado de agraria e 4º ESO A, B e PDC
 Charla: O bosque autóctono e as árbores senlleiras
Antonio Rigueiro
 11:15 a 12:45
Salón de actos
 

24

 

 

25

 

 

 

 

 

28
Dpto. Orientación
Charla sobre a oferta formativa no CIF Ponte da Auga
4º ESO
 Sala de proxeccións
 12:30 a 13:20 
------------------
Dpto de Castelán
Club de lectura
Mediodía

                     29
 
                     30
Biblioteca
Xosé María Díaz Castro a cargo de Armando Requeixo
3º e 4º da ESO, 1º de BAC e 2º de BAC
Salón de actos
14:00 a 15:00

 

 

Magosto 2013


Presentación Magosto 2013 elaborada pola profesora Ana Rodríguez Ramos

Visita á Fundación TIC

Os rapaces do IES San Rosendo de Mondoñedo visitaron a Fundación TIC e descubriron como se traballa nunha productora de televisión e o labor da Fundación na Escola de Imaxe e Son de Lugo. Despois desprazáronse a Ribadeo para compretar a visita do km0 coa ruta Ría de Ribadeo


imaxe da visita

Estudantes de Bacharelato do IES visitaron Londres

Estudiantes del IES San Rosendo, junto al Big Ben londinense.

 

 

 

  

Un grupo de alumnos de Bacharelato do IES San Rosendo visitaron Londres.

A excursión serviulles para coñecer os monumentos, museos e barrios máis característicos da cidade do Támesis, así como para practicar todo o aprendido nas clases de inglés e cultura británica. 

Foto e nova en La Voz de Galicia

Os alumnos do Ciclo Medio de Adultos converten o antigo horto escolar do Instituto nun xardín.

Logo do San Rosendo

    Os alumnos do Ciclo Medio de Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural (OM Adultos) baixo a dirección do profesor Francisco Cabaleiro axardinaron a parte posterior do Instituto. 

Educar sumando, a fórmula do cambio.

 Taller sobre a educación inclusiva en América Latina coa colaboración da ONG Intered Galicia  

Distribuir contido