Complementarias
Plan de consumo de froita nas escolas. Froita fresca nos recreos!
Enviado por Admin o Ven, 28/04/2017 - 13:17
Durante o mes de maio, a partir do vindeiro mércores 3, vaise repartir froita fresca nos recreos. A entrega farana os titores de cada grupo.
Por que froita nas escolas?
O alarmante incremento de cifras de obesidade infantil e enfermidades cardiovasculares en adultos levou á Comisión Europea a formular un plan para a promoción de hábitos saudables como o consumo de froita, desde idades temperás.
Os alumnos de primeiro da ESO participan no programa "Mares de cultura, os nenos e o mar"
Enviado por Admin o Lun, 24/04/2017 - 04:47Os alumnos de primeiro de ESO participaron a pasada semana nas actividades desenvolvidas polo programa "Mares de Cultura, os nenos e o mar". Durante a xornada do martes 18 de abril asistiron a unha charla sobre recursos mariños e biodiversidade do entorno de A Mariña-Ortegal. As actividades completáronse cunha saída o xoves 20 de abril para descubrir a natureza da ría do Masma e a actividade do porto de Burela, en concreto a labor das redeiras.
O IES San Rosendo conmemorou o Día Internacional da Muller
Enviado por Admin o Xov, 09/03/2017 - 06:00Teatro en francés e excursión a Monforte
Enviado por Admin o Xov, 23/02/2017 - 06:20O mércores 22 de febreiro os alumnos de francés de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato asistiron no auditorio Gustavo Freire de Lugo a unha representación en francés da adaptación obra de teatro de Rostand Cyrano de Bergerac.
Pola tarde os alumnos achegáronse a Monforte a coñecer o Museo do Ferrocarril de Galicia e a visitar o Pazo de Tor.
Viaxe a Andorra e actividades deportivas na neve.
Enviado por Admin o Mér, 15/02/2017 - 07:32Durante a terceira semana de xaneiro 22 alumnos do IES San Rosendo viaxaron a Andorra para desenvolver actividades deportivas na neve.
Os alumnos de Bacharelato visitaron Celanova, Bande e Ourense.
Enviado por Admin o Ven, 27/01/2017 - 06:17O pasado día 26 de xaneiro os alumnos de 2º de Bacharelato fixeron unha visita ao mosteiro de San Salvador de Celanova, deténdose especialmente na capela mozárabe de San Miguel. Posteriormente achegáronse á igrexa visigótica de Santa Comba de Bande e ao campamento romano de Aquis Querquennis. Pola tarde fixeron un pequeno recorrido pola cidade de Ourense, cunha parada nas súas famosas Burgas.
Durante a visita ao mosteiro de San Salvador, alumnos e profesores foron recibidos moi cortesmente por D. José Luis Ferro, alcalde de Celanova, en atención á vinculación con S. Rosendo que une a Mondoñedo e Celanova.
O día 12 de xaneiro os alumnos de tecnoloxía visitaron o Parque Eólico Experimental de Sotavento
Enviado por Admin o Lun, 23/01/2017 - 07:39Excursión de primeiro da ESO a Santiago de Compostela
Enviado por Admin o Xov, 12/01/2017 - 11:27O mércores 11 de xaneiro os alumnos de primeiro da ESO fixeron unha excursión a Santiago de Compostela. Alí asistiron á representación da obra de teatro en inglés Fair Play no Teatro Principal. Despois vistaron o Museo das Peregrinacións e a Catedral de Santiago. Pola tarde acudiron ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA).
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »