Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024
Está aberto o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo e poderá facelo todo o alumnado que cumpra as condicións para presentarse (ter unha nota media na ESO igual ou superior a 9 puntos).
a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación Premios Edu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos.
b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PREMIOS_EXTRAORDINARIOS_ESO_RENDEMENTO_2023-2024.pdf | 193.05 KB |