Francés
Certificados DELF
Enviado por jcarlosgb o Lun, 07/10/2024 - 18:00Hoxe recibimos os diplomas das alumnas certificadas en francés o curso pasado. Noraboa!
Programación didáctica do departamento de Francés
Enviado por Admin o Lun, 12/06/2023 - 14:17Programación didáctica LOMCE do departamento de Francés (cursos pares) 2022/23
Programación didáctica LOMLOE Francés 1º ESO 2022-23
Programación didáctica LOMLOE Francés 3º ESO 2022-23
Programación didáctica LOMLOE Francés I 1º Bacharelato 2022-23
Todas as alumnas de 1°de BAC aprobaron o exame do DELF (Diploma de estudios en lingua francesa) B1
Enviado por Admin o Xov, 23/06/2022 - 05:52As alumnas de 1°de BAC presentáronse ao exame do DELF (Diploma de estudios en lingua francesa) B1 de francés no mes de abril e onte recibiron os resultados, 100% de aprobados. Parabéns Alba, Aldara, Cecilia, Claudia, Laura e Nerea. É o primeira vez que se presentan no instituto a estas probas e estamos moi orgullos@s delas e do seu esforzo. Para o ano seguiremos traballando para alcanzar cos alumnos o B1e o B2.
Bon été à tous/toutes !
INFORMACIÓN SOBRE O DELF (DIPLOMA ELEMENTAL DE LINGUA FRANCESA): DELF ESCOLAR (EXAME OFICIAL DE FRANCÉS)
Enviado por Admin o Ven, 27/05/2022 - 04:30O alumnado que cursa a materia de FRANCÉS ten a posibilidade de presentarse a un exame externo chamado DELF SCOLAIRE que a Alianza Francesa convoca en colaboración coa Consellería de Educación coa finalidade de obter un diploma recoñecido nunha ampla maioría de países e que pode mellorar e enriquecer o currículo dos estudantes. Considerámolo especialmente interesante para 4º de ESO (DELFA2) así como para 1º de bacharelato (DELFA2 ou B1), 2º de bacharelato (DELFB1).
Podedes consultar a información aquí:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33151
Ao ser un convenio coa comunidade autónoma,o DELF escolar ten a mesma validez cas demáis versións do DELF (adultos) e ademáis ofrece unha tarifa reducida. Este diploma ten unha validez permanente e é recoñecido en 173 países do mundo. É un título imprescindible desde a perspectiva de mobilidade internacional:
- É necesario para estudiar nas universidades francófonas ou as grandes escolas.
- Permite a obtención dunha beca Erasmus.
- Está recoñecido pola CRUE (Conferencia de Rectores das Universidades Españolas) e pode acreditar o nivel de idioma para a obtención do grao universitario.
- Ademáis está recoñecido pola administración pública nas oposicións e valorado internacionalmente no mundo profesional para traballar en francés.
O departamento de francés dirixirá a matrícula do alumnado candidato dende o propio centro de estudio e facilitará a información sobre o formato da proba. Unha vez matriculado o alumnado interesado, o profesorado de francés lles axudará a familiarizarse co formato do examen.
Para máis información, poden contactar co Departamento de Francés do IES Plurilingüe San Rosendo.
Programa Galimiens: Inmersión lingüística en francés
Enviado por Admin o Lun, 05/03/2018 - 05:12
Resolución do 20 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa dirixida a centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se regula a convocatoria pública para participar no programa GALIMIENS de intercambio de alumnado con centros educativos da Académie d’Amiens (Francia) durante o ano 2018.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación no Portal Educativo.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »